22 de febreiro: reunión coas ANPAs da cidade

Estimados amigos e amigas, a  Federación contando coa vosa colaboración e a dos directores/as dos Centros, ten previsto ofertar programas de conciliación: Campacole e Cóxegas, en horario de mañá, no mes de xuño -nos días nos que xa remataron as clases- e períodos non lectivos de Semana Santa e verán; atendendo a necesidade das familias que demanden esa atención nos períodos sinalados.

Para darvos máis información e compartir convosco os pormenores que da organización, convocámosvos a esta xuntanza.

Data: mércores 22 de febreiro
Hora: 18:30
Lugar: Federación Provincial de ANPAS
Duración aproximada: 1 hora

Cóxegas: un novo programa que che axuda a conciliar

cartelCóxegasO Programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias para poder conciliar a vida familiar e laboral dende o primeiro día do curso escolar, cando aínda non se puxeron en marcha outras actividades extraescolares pero a conciliación segue sendo igual de importante.

Desenvólvese no propio centro educativo, vai dirixido a todo o alumnado matriculado, agrupado por idades, e ofrece aos escolares a oportunidade de realizar xogos e deportes así coma actividades lúdicas de animación teatral, plástica… baixo un enfoque integrador onde os nenos e nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual nestas tres semanas de duración.

Tes toda a información no díptico do programa. Non esperes máis:

¡apúntate xa!