Campacoles Nadal 2022

UN NADAL POLO MUNDO

Listaxes de admitidos:

Baixo o nome de “UN NADAL POLO MUNDO” achegamos aos nenos e nenas ás diferentes celebracións do Nadal que se fan noutros lugares do mundo, coñecendo, valorando e disfrutando doutros costumes e tradicións que aínda que non son comas as nosas, manteñen un nexo común: a maxia e a ilusión.

SEDES

  • CEIP Juan Fernández Latorre
  • CEIP María Barbeito
  • CEIP San Francisco Javier
  • CEIP San Pedro de Visma

DATAS

Do 26 ao 30 de decembro do 2022 e do 2 ao 5 de xaneiro de 2023

Concello da Coruña. Lecer Educativo 2022-2023

A proposta de lecer educativo da Federación Provincial de ANPAs para o curso 2022/23, enmárcase nun convenio de colaboración co Concello da Coruña.

Todas as actividades propostas desenvólvense nos centros públicos da cidade, favorecendo así a conciliación da vida laboral, social e familiar.
Estos programas pretenden ocupar o tempo de lecer da rapazada, con propostas onde o xogo e a diversión serán o aceno de identidade, proporcionando ao mesmo tempo un ocio activo e de calidade.
Os nenos e as nenas terán un amplo abano de experiencias, que lles permitirán completar o seu desenvolvemento integral como persoa, dentro dun colectivo e nun ambiente distendido, socializador e integrador dende tres ámbitos: DEPORTIVO, ARTÍSTICO – CULTURAL, e IDIOMAS

A proposta integral de ocio e educación abrangue tres liñas diferenciadas e combinables entre sí a través da seguinte oferta de lecer educativo:
· DEPORTE NO CENTRO.
· ARTE E CULTURA NO CENTRO: “Obradoiros” e “Proxectos”.
· IDIOMAS: “English Lab” e “On Parle”.

PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante.

Máis información

Concello da Coruña. Verán 2022

Como ven sendo habitual, a Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, organiza actividades de verán, tanto para dar resposta á conciliación das familias, como para facer que os/as nenos/as disfruten de actividades de lecer divertidas, sempre cumprindo a normativa de prevención vixente referente á COVID-19. Esperámosvos un ano máis!

Esté verán serán dúas as actividades que levaremos a cabo:

  • Campacoles. Este verán terán como temática a natureza e os catro elementos: terra, auga, lume e aire. As actividades que se programan abranguen diferentes áreas de contidos, polo que terán un carácter multidisciplinar, permitindo así realizar actividades moi variadas, dende propostas de animación á lectura, xogos de enxeño, actividade motriz, musicais, teatrais… Para alumnado de EI e EP, matriculado nalgún centro público da Coruña, no actual curso 2021-22. Máis información


  • Summer Talk. O campamento de inglés Summer Talk, un programa de actividades para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa. As actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar, combinando aulas, recintos ao cuberto e ao aire libre. Para escolares matriculadas/os nos cursos 4º a 6º de Primaria e 1º a 4º da ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 21/22. Máis información