A oferta de programas de ocio da Federación Provincial de ANPAs para o curso 2018/19, enmárcase dentro dun convenio de colaboración co Concello da Coruña.
Estes programas pretenden ocupar o tempo libre dos escolares, con propostas onde o xogo e a diversión serán o aceno de identidade, proporcionando ao mesmo tempo un lecer activo e de calidade.
Os nenos/as terán un amplo abano de experiencias, que lles permitirán completar o seu desenvolvemento integral como persoa, dentro dun colectivo e nun ambiente distendido, socializador e integrador.
Estes programas desenvolvense nos propios centros públicos da cidade, favorecendo así a conciliación da vida laboral, social e familiar.

