Curso formación directivos ANPAs

Unha vez comezado o curso, temos constancia de que un gran número de anpas cambiaron a súa Xunta Directiva, e, como todos os anos, programamos o curso de formación dirixido aos/as que vos incorporastes á vosa anpa.

Por razóns de cumprimento do Protocolo Covid, nesta ocasión non será presencial e utilizaremos a plataforma Zoom para impartilo.

Neste curso falarase de toda a parte administrativa que debe coñecer e cumprir unha asociación, dos vosos dereitos, obrigas, finalidades, convocatorias e actas de xunta directiva e asembleas, consello escolar; en definitiva, de todo o que é necesario que coñezades para realizar, de acordo ás normativas e tamén o sentido común, o voso traballo.

Programamos diferentes datas, os días 2, 4, 8,10 e 11 de novembro coa idea de facer grupos de non máis de 35 persoas en cada unha delas.

INSCRICIÓN:

Admitiranse dúas persoas por cada anpa

Elixides entre os propostos, e en primeiro lugar, o día que mellor se adapte a cada un/a de vós.

A continuación marcades unha segunda opción.

Se a demanda da primeira opción supera o límite de asistentes, terase en conta a orde de inscrición para adxudicar as 35 prazas dese día e as seguintes solicitudes irían á segunda data elixida se é posible. A Federación resérvase o dereito de adxudicar outro día dos programados, despois de revisadas as  solicitudes, co fin de respectar os grupos reducidos e que a reunión sexa de proveito.

Enviarémosvos un correo electrónico coa data da vosa participación.
O mesmo día do curso recibiredes no voso correo o IDE de reunión e o código de acceso

Para facer a inscrición, pica no enlace seguinte: Inscrición

Nota: É necesario estar ao corrente no pago da cota anual da Federación para ter acceso ao Curso de Formación.

Un saúdo,

Xunta Directiva da Federación Prov. ANPAs Centros Públicos da Coruña

Supresión de unidades e peche de centros escolares

Dende a Federación queremos deixar claro o noso rexeitamento ante os peches de centros e aulas, así como a supresión do profesorado, que se prevé que se levará a cabo nunha treintena de centros de educación infantil e primaria para o vindeiro curso 2021-2022.

Deixamos aquí o enlace ao escrito sobre o tema que CONFAPA Galicia, da que formamos parte, ven de enviar á Consellería onde se esixe:

  • Que non se peche ningún centro educativo público galego mais.
  • Que se manteñan nos Centros todo o profesorado necesario para garantir e consolidar cando menos os desdobres autorizados en todos os niveis educativos no curso 20/21.
  • Que se reforcen os cadros de persoal do ensino público co obxectivo de reducir as ratios máximas por aula.
  • Que a inversión económica en educación sexa unha prioridade, non é de recibo facer e desfacer cando falamos da formación do alumnado.

Xunta Directiva da Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña

Concello da Coruña: Verán 2021

Como ven sendo habitual, a Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, organiza actividades de verán, tanto para dar resposta á conciliación das familias, como para facer que os/as nenos/as disfruten de actividades de lecer divertidas, sempre cumprindo a normativa de prevención vixente referente á COVID-19.

Esté verán serán dúas as actividades que levaremos a cabo:

  • Campacoles
    • A temática deste ano son os Xogos olímpicos, onde os Deportes serán o eixe principal do campamento. Preténdese que os nenos/as disfruten ao máximo, e coñezan novos deportes, onde cada día convertirase nunha nova aventura a disfrutar cos resto dos compañeiros/as. Para alumnado de EI e EP, matriculado nalgún centro público da Coruña, no actual curso 2020-21.
  • Summer Talk
    • As actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar, tanto en recintos a cubertos coma ao aire libre, co fin de potenciar o desenvolvemento da capacidade de escoita comprensiva e a expresión oral en lingua inglesa. Para alumnado de 6º EP e ESO, no actual curso 2020-2021.

Novas sobre a vacinación dos monitores de comedor

Hoxe, os nosos representantes en CONFAPA Galicia, mantiveron unha reunión coa Directora Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na que se lles comunicou que se vai proceder ao chamamento dos monitores de comedores xestionados polas anpas, para comezar coa súa vacinación, seguindo a listaxe que lles foi enviada pola nosa Federación, froito do traballo conxunto do noso persoal, das empresas e das ANPAS.

Un saúdo,

Xunta Directiva

Comunicado reunión exames setembro

CONFAPA-GALICIA mantivo este luns unha reunión con representantes da Consellería de Educación da que adxuntamos comunicado que recolle a nosa opinión , avalada por as familias que foron consultadas mediante enquisa cun resultado abraiante en contra do adianto dos exames de setembro ao mes de xuño para o alumnado da ESO e de 1º de bacharelato. Decisión que, a dicir da Consellería, ten a aprobación da xunta de directores e dunha parte dos sindicatos do ensino. Neste comunicado denunciamos unha medida que non ten a aprobación da maior parte da comunidade educativa, as familias, ás que nin siquiera se lles deu a oportunidade de manifestar o seu rexeitamento donde estamos representadas, no Consello Escolar de Galicia, por non ser convocado a tratar un tema de tal profundidade que afecta ao proceso formativo dos fillos e fillas de todos nos.

Ver comunicado