Persoas destinatarias: Escolares matriculadas/os nos cursos de 1º a 3º e 4º a 6º Primaria e 1º a 3º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 2023/24


Podes descargar o cartel en PDF premendo aquí
Proceso de admisión pechado.
Persoas destinatarias: Escolares matriculadas/os nos cursos de 1º a 3º e 4º a 6º Primaria e 1º a 3º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 2023/24


Podes descargar o cartel en PDF premendo aquí
Proceso de admisión pechado.
Persoas destinatarias
Escolares matriculadas/os nos cursos de 1º a 3º e 4º a 6º Primaria e 1º a 3º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 2022/23


Este ano recuperamos a organización presencial do Curso de Formación para directivos das Anpas que, por mor das restricións da pandemia, fixemos de forma online nos dous derradeiros anos.
Desta maneira volverémonos a ver para poder intercambiar experiencias, resolver dúbidas e aprender.
As Anpas deben estar formadas e informadas sobre aspectos administrativos, contables e fiscáis de obrigado cumprimento para as entidades xurídicas.
Esta xornada terá lugar o día 11 de marzo no Pazo de Mariñán de Bergondo, cedido pola Deputación da Coruña co xantar incluido, e axustaráse ao seguinte programa:
PROGRAMA:
9:45.
Recepción dos asistentes.
Presentación: María José Ferreño Precedo, Presidenta da Federación e Dona Sandra González Castro. Delegada Especial en Materia de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña.
10:00
Presentación do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas.
Dona María Rivas López. Subdelegada do Goberno.
D. Sergio García Vázquez. Formador da Garda Civil da Coruña.
D. Alberto Arias Álvarez. Inspector Policía Nacional da Coruña.
10:45
Curso de Formación. Bloque 1
Relatora: Nuria Martínez Pigueiras. Secretaría técnica da Federación Provincial de Anpas.
12:00 Pausa café
12:20.
Obrigas contables
Contabilidade que permita obter a imaxe fiel do patrimonio
Obrigas fiscais:
Relator: Javier Leis. Representante de Algalia (Asesoría contable)
14:30 Xantar
16:00: Continuación do bloque 1
18:00 Clausura a Xornada Dona Alejandra Pérez Maquez. Alcaldesa do Concello de Bergondo.
COLABORA:

A proposta de lecer educativo da Federación Provincial de ANPAs para o curso 2022/23, enmárcase nun convenio de colaboración co Concello da Coruña.
Todas as actividades propostas desenvólvense nos centros públicos da cidade, favorecendo así a conciliación da vida laboral, social e familiar.
Estos programas pretenden ocupar o tempo de lecer da rapazada, con propostas onde o xogo e a diversión serán o aceno de identidade, proporcionando ao mesmo tempo un ocio activo e de calidade.
Os nenos e as nenas terán un amplo abano de experiencias, que lles permitirán completar o seu desenvolvemento integral como persoa, dentro dun colectivo e nun ambiente distendido, socializador e integrador dende tres ámbitos: DEPORTIVO, ARTÍSTICO – CULTURAL, e IDIOMAS
A proposta integral de ocio e educación abrangue tres liñas diferenciadas e combinables entre sí a través da seguinte oferta de lecer educativo:
· DEPORTE NO CENTRO.
· ARTE E CULTURA NO CENTRO: “Obradoiros” e “Proxectos”.
· IDIOMAS: “English Lab” e “On Parle”.
PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023
PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante.

Unha vez comezado o curso, temos constancia de que un gran número de anpas cambiaron a súa Xunta Directiva, e, como todos os anos, programamos o curso de formación dirixido aos/as que vos incorporastes á vosa anpa.
Por razóns de cumprimento do Protocolo Covid, nesta ocasión non será presencial e utilizaremos a plataforma Zoom para impartilo.
Neste curso falarase de toda a parte administrativa que debe coñecer e cumprir unha asociación, dos vosos dereitos, obrigas, finalidades, convocatorias e actas de xunta directiva e asembleas, consello escolar; en definitiva, de todo o que é necesario que coñezades para realizar, de acordo ás normativas e tamén o sentido común, o voso traballo.
Programamos diferentes datas, os días 2, 4, 8,10 e 11 de novembro coa idea de facer grupos de non máis de 35 persoas en cada unha delas.
INSCRICIÓN:
Admitiranse dúas persoas por cada anpa
Elixides entre os propostos, e en primeiro lugar, o día que mellor se adapte a cada un/a de vós.
A continuación marcades unha segunda opción.
Se a demanda da primeira opción supera o límite de asistentes, terase en conta a orde de inscrición para adxudicar as 35 prazas dese día e as seguintes solicitudes irían á segunda data elixida se é posible. A Federación resérvase o dereito de adxudicar outro día dos programados, despois de revisadas as solicitudes, co fin de respectar os grupos reducidos e que a reunión sexa de proveito.
Enviarémosvos un correo electrónico coa data da vosa participación.
O mesmo día do curso recibiredes no voso correo o IDE de reunión e o código de acceso
Para facer a inscrición, pica no enlace seguinte: Inscrición
Nota: É necesario estar ao corrente no pago da cota anual da Federación para ter acceso ao Curso de Formación.
Un saúdo,
Xunta Directiva da Federación Prov. ANPAs Centros Públicos da Coruña
Fonte: La Opinión A Coruña 19.07.2020
“Hai pais que non mandarán así aos fillos ao colexio”. “O profesorado vai botar o día vixiando”

O protocolo pos-Covid presentado pola Xunta para o próximo curso escalou as tensións cos sindicatos, que se levantaron esta semana da mesa sectorial de educación ante a negativa do Goberno autonómico de negociar un novo plan. Pero a administración tamén se está a enfrontar ás familias, entre ás que engloba a Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais. A súa presidenta, Lola Blanco, afea a falta de comunicación do ente cos proxenitores, e reclama “máis orzamento e docentes” para as novas medidas de distancia e seguridade.
Como se debuxa este ano a volta ao cole?
En principio o protocolo vai seguir adiante. Outra cousa é que todos os integrantes da comunidade educativa esteamos disconformes: sindicatos, asociacións de pais, familias? O que está claro é que consenso non hai, e comunicación ningunha, porque aos sindicatos os citaron para unha mesa sectorial na que non lles deixaron negociar, pero das familias esquecéronse.
Séntense desprazados das conversas?
É que en ningún momento nos dixeron absolutamente nada. Desde que comezou todo isto co confinamento, convocóusenos dúas veces a un encontro coa Consellería para outras cuestións, pero foi unha reunión informativa. En ningún intre se negociou nin se aceptou nada máis que o que se nos expuña. E agora non nos convocaron para nada.
O sindicatos cualificaron o plan de “inviable”. E os pais?
Absolutamente inviable tamén. Ademais, a percepción fundamental que se ten é que a conta da economía redúcense as distancias. O que se está intentando é plantexar unha infraestrutura que non supoña ningún gasto. Redúcense as distancias, non as ratios, non se aumenta o profesorado nin o persoal non docente? Ademais, protestamos por non ternos en conta. Os protagonistas fundamentais seguen a ser os alumnos e por extensión as familias, pero levamos moito tempo decatándonos de cada novidade pola prensa.
Teñen medo os pais de enviar aos fillos aos centros en setembro
Atopámonos nunha combinación de medo e da necesidade de educación e de conciliar. Hai xente que di que precisa traballar, pero outros din que vanse arranxar como poidan pero que nestas condicións non mandarán aos seus fillos ao colexio. Por exemplo, fálase dunha distancia dun metro de cadeira a cadeira, pero estás partindo de que os cativos son estatuas e non se van mover.
Precisaríase unha grande labor de vixiancia para logralo. Temen que diminúa a calidade educativa?
Si. O protocolo establece quendas de entrada e de saída, vixilancia nos recreos, nas aulas, nos corredores, clases burbulla que non poden interactuar? Fáltanos que nos comunique a Xunta en que momento eses profesores van dar clase, porque parece que cando o último neno entre, o primeiro empezará a saír. Se van establecer quendas con metro e media de distancia, cando vai chegar o último neno á clase? Se non se incrementa, o profesorado vai botar o día vixiando. Non sabemos en que intre se van a dedicar á súa función, que é a docencia.
Dentro do panorama galego, cre que na Coruña será máis ou menos sinxelo a aplicación destas directrices?
Creo que vai ser coma en todas as grandes cidades, máis complicado pola cantidade de nenos que hai nos colexios. Na Coruña a ratio é de 25 e nas aula cúmprese ao máximo ou aínda máis, porque os repetidores non contan, así que hai clases de 26 ou 27 en Primaria e de ata 34 en Secundaria.
Explotará en setembro a saturación que sofren algúns centros?
Claro. De feito, a maioría están no máximo e en setembro iso vai ser inviable. Logo, vai a haber un montón de problemas nos espazos. Como din que se empreguen ximnasios ou salóns de actos, ímonos quedar sen un montón de posibilidades. Logo pensemos nos comedores, que son unha loucura. Se no comedor teñen que estar os nenos a metro e medio e non temos máis capacidade? Pois quedarán sen comer.
As Anpas xestionan ese servizo na Coruña.
Si, pero non podemos pór nós uns criterios. Temos uns asociados e é un servizo que se da ao centro, e a partir de aí deberían poder entrar todos. Fálannos de facer quendas, pero é que na Coruña hai centros nos que se están a facer xa tres quendas de comedor agora mesmo. Incluso así, vai caber a terceira parte do alumnado. E hai que ter en conta que o comedor cumpre unha función social, temos moitos nenos becados. Rexeitamos que as Anpas sexan as que impoñan que criterios usar para decidir que uns coman e outros non.
Que centros o terán máis difícil?
O espazo é moito máis sinxelo en colexios do rural, que teñen dez ou doce nenos por aula e algunhas clases baleiras. Na Coruña, por exemplo, o Eusebio da Guarda ou o María Pita teñen tres quendas de comedor e están xa ata arriba, e non hai máis aulas. O Sagrada Familia tamén, e o Anxo da Garda xa ten dúas quendas, e nun colexio de 225 nenos van 100 ao comedor todos os meses. En actividades extraescolares temos arredor de 2.000 nenos todos os anos.
Como están a xestionar esas actividades extraescolares?
O único que pon o plan é que o centro directivo ten que facer un protocolo de adaptación ao Covid, e fará un anexo para as actividades extraescolares. En resumo, que queda a criterio da dirección do centro que se fagan ou non. Entendo que con toda a vixiancia, é máis que probable que a maioría dos colexios digan que non ás actividades extraescolares.
Plantéxanse deixar de prestalas?
Iso díxoo Rogelio Carballo, o presidente de Confapa Galicia (Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos), nunha entrevista, pero referido a Pontevedra. Na Coruña, cada Anpa as xestiona de xeito independente, e aínda así temos un compoñente conciliador e de asistencia social que non podemos deixar de lado. O que temos que intentar é solucionalo.
Cales son as súas reivindicacións?
Nós o que necesitamos é espazo, maior orzamento, máis docentes. Que haxa medios. Só con medios se vai poder xestionar. Tampouco se pode deixar en mans dos centros directivos. Cada administración ten que facer unha regulación, non pode facer deixación de funcións. De todos os xeitos, determinadas decisións deberían tomarse pola comunidade educativa no Consello Escolar, non por parte da dirección do centro como se plantexa para que as familias non teñamos nada que dicir.
A próxima semana os sindicatos manifestaranse para esixir un protocolo negociado. Uniranse ás concentracións?
Si, as familias ímonos reunir ás concentracións os días 22 e 28 en Santiago de Compostela. Haberá tamén unha representación tanto da Federación Provincial da Coruña como de Confapa Galicia.
Estimadas ANPAS:
Enviámosvos toda a información de cara a organizar a XXIV Mostra de Actividades Culturais no Forum Metropolitano do mes de maio, organización que comenza en cada ANPA vendo que actividades extraescolares poden participar. Rogamos encarecidamente cumprir cos prazos que se establecen, e así dar tempo aos responsables da organización da Federación de cadrar horarios, facer en imprenta os carteis e programas, buscar colaboradores, etc, etc.
MOI IMPORTANTE: A data límite de presentación das fichas de inscrición, así como dos debuxos será o día 12 de marzo (xoves) ás 20:00 horas nas oficinas da Federación.
Unha cuestión de moita importancia, son as normas que se refiren ás cuestións organizativas que rogamos enviedes directamente ás familias dos nenos e nenas que van participar e evitar de ese xeito, na medida do posible, incidencias que danse e repítense en case todas as edicións. E sen mais, animádevos a participar e agradecervos a vosa colaboración.

PARTICIPAR É UN DEREITO, PERO TAMÉN É UN DEBER SOCIAL.
O sábado día 8 de febreiro celebrouse dende as 9:20 ata pasadas as 14:30, no Hotel Exe da Coruña unha nova edición do curso de formación que vimos facendo todos os anos para que as persoas que forman parte ou as que entran novas na directiva dunha ANPA.
O obxectivo da xornada é que estéan ao día no que atinxe a todos os aspectos que deben terse en conta á hora de xestionar unha Xunta Directiva, e tamén resolver as dúbidas que poidan xurdir.
Para que as ANPAS cumpran cos seus fins e obxectivos e para conseguir unha participación efectiva e rigorosa na xestión escolar, os pais e nais que desexen participar na ANPA e na xestión da escola, han de estar formados e informados e aprender a debater, colectivamente, os problemas e propostas de actuación máis axeitadas. Esta xornada axudaranos a cumprir, con máis facilidade, o noso compromiso a favor dunha educación democrática, inclusiva e de calidade, ao servizo das nosas fillas e fillos, así como coñecer os nosos dereitos e deberes como pais e nais e como ANPA.
Foi unha mañá intensa tanto pola información dos poñentes, como polas dúbidas e experiencias das moitas ANPAS que asistiron.




Ola, bo día e benvidos a este novo curso escolar 2019/20
Informamosvos da oferta dos programas de actividades que imos desenvolver ao longo do curso polo que xuntamos os trípticos informativos e folla de inscrición en formato pdf que tamén recibiredes en papel no voso Centro entre luns ou martes da vindeira semana.
Para facer todo máis operativo e sinxelo e facilitarvos o traballo do procedemento de inscrición e cobro de cotas en todos os programas, neste curso poderedes optar por dúas modalidades de inscrición:
1. On line: Cada familia, utilizando a ligazón https://forms.gle/ioajbL29PiKRHxjKA fará unha inscrición por alumno/a na que se inclúe, como campo obrigatorio a cubrir, a petición dos datos de domicialición bancaria. (A información que enviedes ás familias ten que levar: a ligazón, o tríptico que vos enviamos,as actividades que ofertades e os horarios nos que se impartirán no voso Centro). Cada inscrición xa se recibe na Federación, quen se encargará do cobro das cotas. Unha vez rematado o procedemento de recepción de todas as solicitudes, compartiremos convosco a listaxe dos alumnos/as e grupos conformados seguindo os criterios dos programas.
2. Na propia ANPA. Como se fixo habitualmente, a Anpa recollerá as inscricións que nos entregaredes na nosa oficina. O cobro farase tamén mediante domiciliación bancaria, a excepción, polas razón que sexan, das familias que opten polo pago na propia ANPA.
Como sabedes, para implementar calquera dos programas ou todos eles, é necesario contar coa aprobación do Consello Escolar.
POE E DEPORTE NO CENTRO: Novidades: Inscrición online, domiciliación bancaria e lixeiro incremento do custo. Toda a información no tríptico que se achega.
CÓXEGAS: do 11 ao 30 de setembro. Previamente deberedes confirmarnos, o máis rápidamente posible, se estades interesados en implementar este programa.
Inscrición:
A partires do día 2 de setembro, on line ou na ANPA. Se precisa un mínimo de 10 escolares para a formación de grupo.
Custo: 15 euros, aos que hai que engadir o seguro de accidentes de 4 euros ( cobertura para todos os programas xestionados pola Federación para o curso 19/20)
Becados: Debido ao retraso por parte do Concello da resolución das solicitudes de bolsas de comedor, os escolares solicitantes das bolsas deberán cubrir igualmente o apartado dos datos bancarios tanto na inscrición on-line como no formulario na ANPA. Non se lles pasará o recibo devengado do mes de setembro ate a confirmación da concesión ou denegación da bolsa de comedor. Se teñen concedida a axuda, deberán comunicarllo á Federación vía email a ocio@fedapascoruna.org , tendo de prazo ate o día 5 de outubro. No caso de non ser beneficiarios da bolsa, procederemos ao cobro dos recibos que lles correspondan entre os días 5 e 10 de outubro. Os escolares beneficiarios das axudas están exentos de calquera cota, incluida a do seguro de accidentes.
Importante:
– O cobro das actividades faráse por domiciliación bancaria e nos 10 primeiros días do período cargaráse a cota correspondente.
– Os gastos derivados da devolución dos recibos correrán pola conta do usuario.
– Unha vez inscrito nos programas de ocio Educativo e Deporte no Centro, a renovación da inscrición para os seguintes períodos realizaráse automáticamente. Se non desexa continuar na actividade, deberá comunícalo via e-mail a ocio@fedapascoruna.org nos 15 días anteriores á finalización do período no que está inscrito.
NATACIÓN ESCOLAR: Este programa depende do Servizo Municipal de Deportes, non é xestionado directamente pola Federación polo que a inscrición NON SERÁ ON-LINE e o procedemento do cobro da cota non sufre variación, sendo na ANPA e coas fichas de inscrición que vos faremos chegar a vindeira semana.
LISTEN AND SPEAK: Continuaremos ofertando este programa do que enviaremos información a vindeira semana. Agora mesmo estamos á espera da información do Servizo Municipal de Educación.
Coma sempre, agradecervos o esforzo e traballo que supón a vosa inestimable labor nos Centros Escolares e decirvos que na xuntanza do martes día 3 estamos a vosa disposición para clarexar calquera dúbida ou ampliar a información.
Un afectuoso saúdo
Xunta Directiva