A Xunta non dotará de cociña ao colexio de Novo Mesoiro

Esta mesma mañá, Silvia Cameán, Concelleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña reuníase cos respresentantes da Plataforma Galega por uns Comedores Responsables na Escola, para informarnos da situación en canto a dotación de cociña propia no colexio de nova construcción de Novo Mesoiro (A Coruña).

A inminente construcción deste centro escolar brinda unha oportunidade extraordinaria -aínda non comezaron as obras- para que se dote de cociña propia, deixando así a porta aberta a outro modelo de xestión do comedor escolar que non sexa necesariamente a subcontratación dun servizo de catering.

Inda_OitaPero as novas que nos trasladou a Concelleira, trala reunión con Jesús Oitavén (Secretaría Xeral Técnica, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) e Indalecio Cabana (Xefatura Territorial de Educación da Coruña) non foron precisamente alentadores: o colexio de Novo Mesoiro non terá cociña.

Os representantes da Plataforma que acudiron a reunión: Beatriz Ferreira (Directora da EIM A Caracola da Coruña), Xosé Ramón Cendón (Sindicato Labrego Galego), José María Hernández (productor agroecolóxico de A Tenza), Guillermo Usero (Presidente da ANPA da Caracola) e Daniel Cameselle (Secretario da Federación Provincial de ANPAs), trasladarán á plataforma esta información e estudiarán os pasos que seguirán para facer entender á Administración Autonómica que outro tipo de alimentación nos comedores escolares é posible: con cociñas nos propios centros ou cercanos, con productos de proximidade, ecolóxicos e de calidade.

artigo

Arranca a Plataforma por unha Alimentación Responsable na Escola Pública en Galicia

O pasado xoves 26 de xaneiro reunímonos, na EIM A Caracola da Coruña, máis de 30 persoas, representando a 10 entidades diferentes para tratar un tema que nos preocupa a todos: a alimentación responsable na escola.

Vista xeral

Mestres, cociñeiros, labregos, productores, asociacións veciñais, representantes de ANPAs, da Federación, CONFAPA Galicia,  etc… xuntámonos para poñer a rodar por fin a Plataforma por unha Alimentación Responsable na Escola en Galicia. Sentamos unha base común, uns obxectivos para poñernos a traballar e ¡mans á obra!

Para empezar, revisaremos unha vez máis o actual Decreto de Comedores da Xunta de Galicia,  e poñerémonos a traballar na próxima reunión coa Concelleira de Xustiza Social e Coidados da Coruña, Silvia Cameán, tras a súa reunión co Conselleiro de Educación.

Falaremos sobre o colexio proxectado para Novo Mesoiro e a nosa convicción de que todo centro debería contar con cociña propia, máis aínda tratándose dunha nova construcción como é o caso.

collage

Isto non fixo máis que empezar, quédanos moito traballo por diante pero a plataforma arranca con forza.

Por unha alimentación responsable na escola pública

Esta mañá reunímonos, na sede da Federación Provincial, representantes da Comisión de Comedores Escolares desta Federación, con Beatriz Ferreira Varela, directora da EIM A Caracola de Novo Mesoiro (A Coruña).

A Federación, comprometida de sempre por conseguir uns comedores de calidade na escola pública, subscribe o seu apoio, a través de CEAPA, á Plataforma por una Alimentación Responsable en la Escuela a que tamén se adheriu EIM A Caracola e, por suposto tamén o farán CONFAPA Galicia e esta Federación Provincial da Coruña. Convencidos de que os comedores son unha peza clave no ensino que reciben as nosas fillas e fillos,  queremos traballar de forma conxunta por cambiar o modelo, en xeral: a nivel estatal, e en particular: na nosa comunidade.

20161125_reunion-comedores-01

Daniel Cameselle, Beatriz Ferreira e Natalia García na reunión de hoxe

Non entendemos que, nunha terra rica en materias primas de calidade como é Galicia: pesca, gandeiría, agricultura… non haxa unha aposta clara da Administración por uns proveedores de proximidade, uns servizos de comedor con cociña nos propios centros e un control e supervisión da calidade do servizo que non se esqueza da función pedagóxica do comedor escolar.

A sintonía foi total e resulta un primeiro paso de cara ao traballo a nivel Galego da Plataforma por unha Alimentación Responsable. O reto é grande, os colectivos comprometidos: cada vez máis… agora só nos falta poñernos a rodar todos xuntos nun mesmo sentido, sen deixar escapar oportunidades como a da nova construción do novo colexio de Mesoiro, que xa no proxecto nace sen cociña, coartando xa de inicio calquera outro modelo de xestión que non sexa o imposto pola Administración.

Seguiremos traballando para conseguir uns comedores escolares de calidade!

manifesto_foto