Os nosos obxectivos:
- Conseguir un ensino de alta calidade, gratuíto e que desenvolva a personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades, ao abeiro de canto determina a Constitución Española de 1978.
- Coordinar a actuación dás ANPAs integradas en orde ao mellor logro dos seus obxectivos.
- Representar ás ANPAs federadas ante a Administración Autonómica e ante a Administración do Estado.
- Fomentar a creación e o desenvolvemento das ANPAs, promovendo e desenvolvendo cantas actividades sexan necesarias, asi como facilitando información.
- Promocionar a participación dos pais e nais de alumnos a traves das ANPAs, nos órganos de goberno dos centros públicos e nos órganos de participación na administración educativa que a lexislación vixente determine.
- Potenciar a cultura en Galicia.
- Establecer relacións coas federacións de ANPAs da comunidade autónoma de galicia, doutras comunidades autónomas, coa Confederación Galega de ANPAs (CONFAPA) e coa Confederación Española (CEAPA).
- Impulsar a formación de pais e nais de alumnos e o diálogo pais-profesores.
Obxectivos educativos:
- Gratuidade libros e material escolar.
- Fracaso escolar, necesidade de reforzos lectivos para os alumnos que o precisen.
- Idiomas. Xeneralización de aprendizaxe precoz. Mellora da comunicación. Presenza de profesores nativos. Ensinos especiais. Promoción de escolas de música e danza. Centros integrados.
- Ensino infantil. Dotación de persoal auxiliar.
- Alumnos con necesidades educativas especiais. Asistencia a centros ordinarios con apoios persoais e/ou técnicos necesarios para o seu desenvolvemento integral. Ante situacións puntuais, derivadas dunha imposible atención familiar, solicitamos nos centros específicos, unha maior dotación de medios materiais e humanos.
- Implementación dos ciclos de formación profesional tanto de grao medio como de grao superior, atendendo ás necesidades dos alumnos e da posibilidade real de traballo da zona.
- Impulso da informática como instrumento de aprendizaxe, internet, etc.
- Plan de actividades extraescolares coa implicación da Consellería; as Deputacións, os Municipios e as ANPAs, a través dos Consellos Escolares Cumprimento da Lei 3/1986 de 18 de decembro de Consellos Escolares, que no seu adicional II obriga á constitución dos mesmos.
- Promover a participación nas eleccións con apoio institucional.
- Paridade en Consellos Escolares.
- Creación dunha Subdirección Xeral de participación e ANPAs para mellor cumprimento da LOPEG.
- Mellorar o clima de convivencia nos centros escolares coa presenza de educadores sociais dentro da educación formal.
- Moitos dos nosos obxetivos están acadados.
Podemos falar, coa satisfación do traballo ben feito, de:
- Dereito ao transporte do alumnado de infantil.
- Acompañante nos autobuses.
- Apoio nas aulas para nenos con NEE.
- Voto de pai e nai nos Consellos Escolares.
- Representante directo da ANPA no Consello Escolar.
- Ampliación do horario escolar.
- Gratuidade de libros de texto (na actualidade só axudas)
- Atención dos alumnos transportados no tempo de espera ata a entrada aos centros.
- Subvencións destinadas as ANPAs que xestionan servizo de comedor.
- Subvencións para a realización de actividades extraescolares.
Ademáis prestamos, entre outros, os seguintes servizos:
- A Federación envía, puntualmente, a todas as ANPAS federadas todo tipo de información lexislativa, tanto da Xunta de Galicia, como da Deputación Provincial e da Administración Xeral, a través de circulares ou email.
- Asesoría técnica: dispomos de xente especializada para facilitar calquera tipo de información sobre a problemática das ANPAs e da participación dos pais e nais nos distintos órganos colexiados.
- Asesoría xurídica. En caso necesario e a consideración da Xunta Directiva da Federación
- Seguro de responsabilidade civil
- Canalización: as necesidades das ANPAs son transmitidas á Administración de maneira conxunta ou por separado, segundo os casos.
- Escola de nais e pais. Programa organizado pola nosa Federación que, entre outros obxectivos, pretende fomentar o diálogo entre os sectores da comunidade escolar e orientar e axudar aos pais e nais no coñecemento do sistema educativo.
×
As cookies permitennos ofrecer e mellorar os nosos servizos. Ao utilizar a nosa web, aceptas o uso que facemos das cookies.
Aceptar