Fedérate

¿Queredes formar unha ANPA? ¿Tedes unha ANPA e precisades apoio?

Para integrarse na Federación Provincial, as ANPAs presentarán a solicitude por escrito, dirixida a presidencia, acompañando á mesma os seguintes documentos:

a) Certificado do Secretario da Asociación, co visto e prace do Presidente no que se reflicta o acordo de integrarse nesta Federación. (Xuntase modelo)

b) Copia dos Estatutos da ANPA (actualizados), co número de Rexistro Provincial de Asociacións.

c) Relación nominal dos compoñentes da Xunta Directiva con expresión dos cargos que desempeñan na mesma, cos seus respectivos domicilios e teléfonos de contacto. Engadir, por favor o e-mail da ANPA

d) Copia do CIF.

A Xunta Directiva da Federación Provincial acordará a admisión ou non da ANPA solicitante. Se o acordo fose negativo farase constar, por escrito, os motivos que o fundamenta. Neste caso a ANPA solicitante poderá recorrer e ser ouvida ante a primeira Asemblea Xeral que se celebre, cuxa resolución deberá ser motivada e inapelable, salvo o disposto pola lexislación vixente.

Contactade con nós