Alumnado con NEE

O pasado 30 de outubro mantivemos unha reunión coa Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiáis (anpanee, constituida por nais e pais que pertencen a ANPAS  dos  Centros Educativos da cidade da Coruña). Obviamente as súas inquedanzas son as mesmas que a Federación ven defendendo de sempre, polo que nesa xuntanza acordamos unirnos na defensa dos dereitos do alumnado e das súas familias e esixir conxuntamente unha escolarización inclusiva dos nenos e nenas con necesidades educativas especiáis cos mecanismos que sexan necesarios: servir de apoia ás familias, cooperar na realización de charlas, cursos, talleres, reunións coas Administracións, etc.

Polo tanto, calquera dificultade que teñades no voso Centro para garantir a escolarización en igualdade do alumnado con nee, podedes poñelo en coñecemento da Federación no noso enderezo electrónico de sempre fedapascoruna@fedapascoruna.org ou no da propia asociación info.anpanee@gmail.com e de forma conxunta trataremos de axudarvos.

Deixámosvos a carta de presentación de anpanee. Fai clic no logo

II Festa das ANPAs da Escola Pública. Grazas

O pasado sábado 12 de maio, xuntámonos unhas 700 persoas, de máis de vinte ANPAs de centros públicos de toda a Provincia, para celebrar a II Festa das Anpas da Escola Pública.

O Albergue Xuvenil de Gandarío volveu ser un lugar de encontro, de poñernos caras, de intercambiar opinións e iniciativas, e como non, de gozar dun día en familia, facendo deporte, xogos, baile e esa festa da escuma final que moitos estiveron a esperar todo o día.

Agradecemos a todos os colaboradores, a súa disposición para botarnos unha man facendo posible este encontro, aos voluntarios da Federación de Anpas, aos monitores das actividades, á dirección do Albergue, a Protección Civil, á Garda Civil, e como non, a todos os que vos achegastes a pasar connosco ese día. Repetiremos!!

Deixámosvos a ligazón ás fotos dese día

<<galería

 

12 de maio: II Festa das ANPAs da Escola Pública

A Federación organizará o vindeiro sábado 12 de maio a II Festa das ANPAs da Escola Pública

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña organiza, como peche de curso, o segundo encontro de carácter lúdico para todas as nosas anpas asociadas, ANPAs dos centros públicos da Provincia da Coruña.

Outro ano máis, queremos desfrutar dun día en familia con todos vos: nais, pais, fillas, fillos, avós… un momento no que compartir experiencias dos vosos centros, “poñernos cara”,  divertirse xunto cos vosos fillos, xantar todos xuntos esas especialidades culinarias que cada quen levará e que tan ben se nos da preparar -todas light- ¡seguro!

Lembrade sábado 12 de maio, no Albergue de Gandarío (Bergondo) de 10:00 a 18:00

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

TEMPORALIZACIÓN:

10:00 – 10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.

11:00 – 14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA

TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)

14:00 – 15:30: XANTAR

HORARIO DE TARDE:

FOLIADA

CAPOEIRA EN FAMILIA

TROTAMÚSICOS

XOGOS MUSICAIS – ZUMBA

17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA

18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA