Curso formación directivos ANPAs

Unha vez comezado o curso, temos constancia de que un gran número de anpas cambiaron a súa Xunta Directiva, e, como todos os anos, programamos o curso de formación dirixido aos/as que vos incorporastes á vosa anpa.

Por razóns de cumprimento do Protocolo Covid, nesta ocasión non será presencial e utilizaremos a plataforma Zoom para impartilo.

Neste curso falarase de toda a parte administrativa que debe coñecer e cumprir unha asociación, dos vosos dereitos, obrigas, finalidades, convocatorias e actas de xunta directiva e asembleas, consello escolar; en definitiva, de todo o que é necesario que coñezades para realizar, de acordo ás normativas e tamén o sentido común, o voso traballo.

Programamos diferentes datas, os días 2, 4, 8,10 e 11 de novembro coa idea de facer grupos de non máis de 35 persoas en cada unha delas.

INSCRICIÓN:

Admitiranse dúas persoas por cada anpa

Elixides entre os propostos, e en primeiro lugar, o día que mellor se adapte a cada un/a de vós.

A continuación marcades unha segunda opción.

Se a demanda da primeira opción supera o límite de asistentes, terase en conta a orde de inscrición para adxudicar as 35 prazas dese día e as seguintes solicitudes irían á segunda data elixida se é posible. A Federación resérvase o dereito de adxudicar outro día dos programados, despois de revisadas as  solicitudes, co fin de respectar os grupos reducidos e que a reunión sexa de proveito.

Enviarémosvos un correo electrónico coa data da vosa participación.
O mesmo día do curso recibiredes no voso correo o IDE de reunión e o código de acceso

Para facer a inscrición, pica no enlace seguinte: Inscrición

Nota: É necesario estar ao corrente no pago da cota anual da Federación para ter acceso ao Curso de Formación.

Un saúdo,

Xunta Directiva da Federación Prov. ANPAs Centros Públicos da Coruña

II Xornadas sobre adiccións sen sustancia

II Adiccións sen sustancia10 de Febreiro de 2017. Sala Juanjo Gallo, Deputación Provincial da Coruña.

AGALURE, coa colaboración da Deputación da Coruña organiza as II Xornadas sobre adiccións sen sustancia.

Un dos fins sociais desta entidade é precisamente a difusión e sensibilización da sociedade respecto dos problemas asociados á adicción ao xogo ou outras adiccións sen sustancia ou comportamentais as que as nosas fillas e fillos, coas novas tecnoloxías tan a man, poden estar expostos.

A inscripción é de balde ata completar o aforo. O programa das Xornadas é o seguinte:

9:30 – 10:00  Recepción e entrega de material

10:00 – 10:30 Presentación da Xornada:
Autoridades asistentes
Asociación

10:30 – 11:30 Charla coloquio “Adiccións sen sustancia: Ludopatía, compras compulsivas, redes sociais, móbiles”
Intervención de D. José Manuel Recouso Ramos (Psicólogo Clínico de AGALURE)

11:30 – 12:00 Descanso

12:00 – 13:00 Relatorio: “Xogo Responsable”

Intervención de D. Máximo Enrique Gutiérrez Muélledes (Presidente de F.E.J.A.R.)

13:00 – 13:30 Relatorio: AGALURE como instrumento de Prevención. Intervención de D. Gerardo Rodríguez Velo (Secretario Agalure)

13:30 Clausura da Xornada

Xornada de formación de directivos de ANPAs

formacion-de-directivos-de-anpasO vindeiro sábado día 19 de novembro ás 9:45 no Hotel Atlántico da Coruña  faremos o curso de formación dirixido principalmente aos compañeiros e compañeiras que son novos nas Xuntas Directivas, ou non tiveron oportunidade de asistir a cursos anteriores.

Nesta xornada que se desenvolverá en horario de mañá e tarde -para que nos dea tempo a resolver case todas as dúbidas- trataremos temas da xestión das ANPAs e do seu funcionamento en xeral, que de seguro axudarán no voso traballo.

E como non só de bó facer e de voluntariado viven as ANPAs, por suposto, estades convidados a comer connosco.

Programa

Inscrición

Curso de formación sobre os Consellos Escolares outubro 2016

O pasado sábado 22 de outubro tivo lugar no Pazo de Mariñán un curso de formación sobre Consellos Escolares ao que acudiron ANPAs de toda a Provincia.

Neste curso fíxose incidencia na importancia que ten que as familias participen nestas eleccións, que se farán na última semana de novembro, informouse tamén de todo o procedemento e, o máis importante, deuse resposta as numerosas preguntas relacionadas co funcionamento dos Consellos Escolares.

Moitas grazas aos asistentes!