Persoas destinatarias: Escolares matriculadas/os nos cursos de 1º a 3º e 4º a 6º Primaria e 1º a 3º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 2023/24


Podes descargar o cartel en PDF premendo aquí
Proceso de admisión pechado.
Persoas destinatarias: Escolares matriculadas/os nos cursos de 1º a 3º e 4º a 6º Primaria e 1º a 3º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 2023/24


Podes descargar o cartel en PDF premendo aquí
Proceso de admisión pechado.
Persoas destinatarias: Escolares de Ed. Infantil e Ed. Primaria matriculadas/os en CEIP do Concello da Coruña no curso 2023/24


Podes descargar o cartel en PDF premendo aquí
Proceso de admisión pechado.
Persoas destinatarias
Escolares matriculadas/os nos cursos de 1º a 3º e 4º a 6º Primaria e 1º a 3º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 2022/23


Persoas destinatarias
Escolares de Ed. Infantil e Ed. Primaria matriculadas/os en CEIP do Concello da Coruña no curso 2022/23


Listaxes de admitidos:
Baixo o nome de “UN NADAL POLO MUNDO” achegamos aos nenos e nenas ás diferentes celebracións do Nadal que se fan noutros lugares do mundo, coñecendo, valorando e disfrutando doutros costumes e tradicións que aínda que non son comas as nosas, manteñen un nexo común: a maxia e a ilusión.

SEDES
DATAS
Do 26 ao 30 de decembro do 2022 e do 2 ao 5 de xaneiro de 2023


A proposta de lecer educativo da Federación Provincial de ANPAs para o curso 2022/23, enmárcase nun convenio de colaboración co Concello da Coruña.
Todas as actividades propostas desenvólvense nos centros públicos da cidade, favorecendo así a conciliación da vida laboral, social e familiar.
Estos programas pretenden ocupar o tempo de lecer da rapazada, con propostas onde o xogo e a diversión serán o aceno de identidade, proporcionando ao mesmo tempo un ocio activo e de calidade.
Os nenos e as nenas terán un amplo abano de experiencias, que lles permitirán completar o seu desenvolvemento integral como persoa, dentro dun colectivo e nun ambiente distendido, socializador e integrador dende tres ámbitos: DEPORTIVO, ARTÍSTICO – CULTURAL, e IDIOMAS
A proposta integral de ocio e educación abrangue tres liñas diferenciadas e combinables entre sí a través da seguinte oferta de lecer educativo:
· DEPORTE NO CENTRO.
· ARTE E CULTURA NO CENTRO: “Obradoiros” e “Proxectos”.
· IDIOMAS: “English Lab” e “On Parle”.
PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023
PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante.
Como ven sendo habitual, a Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, organiza actividades de verán, tanto para dar resposta á conciliación das familias, como para facer que os/as nenos/as disfruten de actividades de lecer divertidas, sempre cumprindo a normativa de prevención vixente referente á COVID-19. Esperámosvos un ano máis!
Esté verán serán dúas as actividades que levaremos a cabo:
A Federación Provincial de Anpas, conxuntamente co Concello da Coruña, e co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familas, pretende levar a cabo unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A oferta será exclusivamente para as familias que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta.


Este programa de conciliación desenvolverase os días lectivos do mes de xuño. Isto é, de luns a venres en horario de 16:00 a 18:00 horas dende o luns 3 de xuño ata o venres 21 de xuño.
Prazo de inscrición: ate o 16 de maio. (no tríptico informativo que vos achegamos, o mesmo que xa tendes dende principio do curso, figura o día 10, pero alongamos a data ata o 16, para dar mais tempo a facer as inscricións)
Custo do programa: 15 € / participante.
Requisitos:
· Contar coa aprobación do Consello Escolar.
· Cumprir a ratio mínima de 10 escolares para formar grupo.
As inscripcións cubriranse no mesmo modelo dos programas educativos e está incluída no díptico xeral dos programas.