
Unha vez comezado o curso, temos constancia de que un gran número de anpas cambiaron a súa Xunta Directiva, e, como todos os anos, programamos o curso de formación dirixido aos/as que vos incorporastes á vosa anpa.
Por razóns de cumprimento do Protocolo Covid, nesta ocasión non será presencial e utilizaremos a plataforma Zoom para impartilo.
Neste curso falarase de toda a parte administrativa que debe coñecer e cumprir unha asociación, dos vosos dereitos, obrigas, finalidades, convocatorias e actas de xunta directiva e asembleas, consello escolar; en definitiva, de todo o que é necesario que coñezades para realizar, de acordo ás normativas e tamén o sentido común, o voso traballo.
Programamos diferentes datas, os días 2, 4, 8,10 e 11 de novembro coa idea de facer grupos de non máis de 35 persoas en cada unha delas.
INSCRICIÓN:
Admitiranse dúas persoas por cada anpa
Elixides entre os propostos, e en primeiro lugar, o día que mellor se adapte a cada un/a de vós.
A continuación marcades unha segunda opción.
Se a demanda da primeira opción supera o límite de asistentes, terase en conta a orde de inscrición para adxudicar as 35 prazas dese día e as seguintes solicitudes irían á segunda data elixida se é posible. A Federación resérvase o dereito de adxudicar outro día dos programados, despois de revisadas as solicitudes, co fin de respectar os grupos reducidos e que a reunión sexa de proveito.
Enviarémosvos un correo electrónico coa data da vosa participación.
O mesmo día do curso recibiredes no voso correo o IDE de reunión e o código de acceso
Para facer a inscrición, pica no enlace seguinte: Inscrición
Nota: É necesario estar ao corrente no pago da cota anual da Federación para ter acceso ao Curso de Formación.
Un saúdo,
Xunta Directiva da Federación Prov. ANPAs Centros Públicos da Coruña

Dende a Federación queremos deixar claro o noso rexeitamento ante os peches de centros e aulas, así como a supresión do profesorado, que se prevé que se levará a cabo nunha treintena de centros de educación infantil e primaria para o vindeiro curso 2021-2022.
Deixamos aquí o enlace ao escrito sobre o tema que CONFAPA Galicia, da que formamos parte, ven de enviar á Consellería onde se esixe:
Xunta Directiva da Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña
Como ven sendo habitual, a Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, organiza actividades de verán, tanto para dar resposta á conciliación das familias, como para facer que os/as nenos/as disfruten de actividades de lecer divertidas, sempre cumprindo a normativa de prevención vixente referente á COVID-19.
Esté verán serán dúas as actividades que levaremos a cabo:


Hoxe, os nosos representantes en CONFAPA Galicia, mantiveron unha reunión coa Directora Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na que se lles comunicou que se vai proceder ao chamamento dos monitores de comedores xestionados polas anpas, para comezar coa súa vacinación, seguindo a listaxe que lles foi enviada pola nosa Federación, froito do traballo conxunto do noso persoal, das empresas e das ANPAS.
Un saúdo,
Xunta Directiva

CONFAPA-GALICIA mantivo este luns unha reunión con representantes da Consellería de Educación da que adxuntamos comunicado que recolle a nosa opinión , avalada por as familias que foron consultadas mediante enquisa cun resultado abraiante en contra do adianto dos exames de setembro ao mes de xuño para o alumnado da ESO e de 1º de bacharelato. Decisión que, a dicir da Consellería, ten a aprobación da xunta de directores e dunha parte dos sindicatos do ensino. Neste comunicado denunciamos unha medida que non ten a aprobación da maior parte da comunidade educativa, as familias, ás que nin siquiera se lles deu a oportunidade de manifestar o seu rexeitamento donde estamos representadas, no Consello Escolar de Galicia, por non ser convocado a tratar un tema de tal profundidade que afecta ao proceso formativo dos fillos e fillas de todos nos.
Como representantes das familias lexítimamente recoñecidos nas nosas federacións e confederación de anpas, membros dos Consellos Escolares dos Centros, e dos Consellos Escolares municipais e autonómico, pedimos á Consellería teñan en conta a nosa opinión e argumentación en contra da medida de adianto das probas extraordinarias de setembro; e apelamos á responsabilidade social dos sindicatos do ensino e aos seus representados, para que se manifesten en contra dunha medida lesiva para o seu alumnado.
A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O SERGAS EXCLÚEN AOS MONITORES DAS ANPAS DO PLAN DE VACINACIÓN
Informamos que a Federación provincial de ANPAS de Centros Públicos de A Coruña solicitou en primeira instancia á Consellería de Educación que os monitores de comedor e de actividades extraescolares fosen incluídos no Plan de vacinación do grupo 3C que corresponde ao persoal traballador dos Centros Escolares, respostándosenos que non foron considerados como tales, que entenden que non son esenciais nin están entre os colectivos de risco, e que por todo iso deben esperar a que lles corresponda vacinarse dentro do seu grupo de idade; resposta que non podemos entender nin aceptar, pois os monitores/educadores contratados polas Anpas ou as súas Federacións están en contacto directo co alumnado nos servizos de madrugadores e comedor e/ou actividades extraescolares, varias horas ao día no horario de tarde, e nos dous primeiros casos atendendo ao alumnado sen máscara.
Ante tal resposta, témonos dirixido tamén á Xerencia e Dirección do Sergas para expoñer a situación e solicitar que estes traballadores sexan vacinados cando o persoal colaborador de comedores que depende da Xunta e que sí entraría no grupo 3C, non recibindo resposta algunha.
Denunciamos, ademáis, que se está a producir un agravio á escola publica, pois os traballadores e colaboradores de comedor dos Centros Concertados sí están sendo chamados a vacinarse por terse permitido a súa inclusión nos listados de persoal non docente dos centros.
As nosas fillas e fillos non só están en contacto directo cos docentes, senon tamén, e ás veces en maior medida, con outros profesionais que tamén traballan nos espazos escolares, colaborando na súa formación, desenvolvemento físico e mental e favorecendo a conciliación familiar. Entre as finalidades dunha pronta vacinación dos traballadores dos centros educativos é primordial a de conseguir que os centros educativos sexan un espazo seguro para o alumnado e para acadar ese fin é absolutamente indispensable que se aplique o Plan de Vacinación a todo o persoal, tamén ao que depende das Anpas.
Xunta Directiva