Con motivo da celebración do Día das Forzas Armadas 2018,  o próximo día 2 de xuño no Parque de Bens da Coruña celebrarase unha carreira de orientación para nenos e nenas, a partir das 10:30 h

Na carreira poderán participar os menores de idade ata 14 anos, cumpridos antes do día da proba, con autorización paterna, materna ou do titor legal. A proba está enfocada para que os nenos e nenas menores de 14 anos, se o desexan, poidan ir acompañados dos seus pais

As inscricións deben realizarse a través da páxina web oficial da Forza Loxística Operativa:  www.ejercito.mde.es/unidades/coruna/flo/ (Descargando as follas de inscrición) e a documentación poderá entregarse en man na Oficina de Comunicación do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa, (Palacio de Capitanía – Praza da Constitución nº 5, A Coruña)

Para calquera dúbida pódese contactar coa organización a través da dirección de correo  alm_atocha@mde.es

O prazo límite de inscrición será o venres 25 de maio ás 22:00 horas

There are no comments yet.

Deja una respuesta

Your email address will not be published. Required fields are marked (*).