Como ven sendo habitual a Federación organizou -o sábado 25 de novembro- unha acción formativa para as Xuntas Directivas das ANPAs, nas que todos os anos hai novas incorporacións, renovacións completas, ou mesmo nais e pais “reicidentes”!!! a todas elas vai dirixida este curso que se desenvolve en xornada de mañá e tarde, con parada para xantar… que non todo vai ser estudar.

Este ano a sede foi o Pazo de Mariñán, cedido pola Deputación da coruña, que ademáis convidou á comida, colaborando coma sempre coas entidades sen ánimo de lucro, como a nosa, que traballamos no ámbito Provincial.

Queremos agradecer dende aquí a asistencia de todas as ANPAs de Monfero, Abegondo, Santiago, Rianxo, Serra de Outes, Boiro, Noia, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Sada, Ordes, Cambre, Cabanas, Miño, Ribeira, Narón, As Pontes, Bergondo e A Coruña que, a pesar do madrugón, o desplazamento, e a “densidade” nalgúns casos dos contidos da xornada… participáchedes activamente e seguides esforzándovos nos vosos centros escolares por facelo cada vez mellor.

Pola mañá Nuria Martínez Pigueiras (Secretaría Técnica da Federación), repasou os aspectos fundamentais na organización das ANPAs: obrigas documentais, fins, dereitos, instrumentos de participación… Un representante da asesoría fiscal e contable falounos sobre estes temas tan  amenos e que sempre suscitan tantas dúbidas… Dúbidas que pola tarde tentamos solventar.

Graciñas a todos… e nos vemos na próxima!

Non hai próximos/as %s por agora.

Deixa unha resposta

O seu email non será publicado. Os campos con (*) son obrigatorios!