Xornada Plan Director

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E AS SÚAS CONTORNAS.

O sábado día 6 de maio, no Edif. Multiusos da Senra do Concello de Bergondo, organizarase unha xornada sobre o plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, dirixido ás familias pertencentes ás ANPAS Federadas da Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de A Coruña e aos Equipos Directivos dos seus Colexios.

PROGRAMA:

9:45 h.: Recepción de asistentes.

10:00 h.: Benvida da Alcaldesa de Bergondo Dna. Alejandra Pérez Máquez.

10:15 h.: Presentación do Plan Director por Dna. María Rivas López.

               Subdelegada do Goberno en A Coruña.

RELATORES:

10:30 h.: D. José Alfeirán Rodríguez. Alto Inspector de Educación de Galicia.

10:45 h.: D. Antonio Rial Boubeta. Profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago. “Adolescentes, adicciones, salud y convivencia. ¿Quién le pone el cascabel al gato?”

11:45-12:00 h.  Pausa/café

12:00 h.: D. Sergio García Vázquez. Cabo Guardia Civil. Formador do Plan Director da Comandancia da Coruña. “Acoso escolar y empatía. Influencia de redes sociales en la adolescencia”

13:00 h.: D. Alberto Arias Álvarez. Inspector. Delegado de Participación Cidadá da Coruña. “Las preguntas más recurrentes en las charlas policiales y sus respuestas menos polémicas”.

14:00 H.: Clausura Mª José Ferreño Precedo. Presidenta da Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña.

Esperamos a vosa asistencia e facilitámosvos ligazón para que formalicedes a inscrición, que rematará o día 4 de maio.. Seguiráse a listaxe de inscrición ata completar aforo.

Inscríbete AQUÍ

Gustaríanos contar coa súa presenza

Federación Prov. ANPAs. Centros Públicos da Coruña

Xornada de Formación

Curso de Formación para ás directivas das ANPAS

PARTICIPAR É UN DEREITO, PERO TAMÉN É UN DEBER SOCIAL.


O sábado día 8 de febreiro celebrouse dende as 9:20 ata pasadas as 14:30, no Hotel Exe da Coruña unha nova edición do curso de formación que vimos facendo todos os anos para que as persoas que forman parte ou as que entran novas na directiva dunha ANPA.

O obxectivo da xornada é que estéan ao día no que atinxe a todos os aspectos que  deben terse en conta á hora de xestionar unha Xunta Directiva, e tamén resolver as dúbidas que poidan xurdir.

Para que as ANPAS cumpran cos seus fins e obxectivos e para conseguir unha participación efectiva e rigorosa na xestión escolar, os pais e nais que desexen participar na ANPA e na xestión da escola, han de estar formados e informados e aprender a debater, colectivamente, os problemas e propostas de actuación máis axeitadas. Esta xornada axudaranos a cumprir, con máis facilidade, o noso compromiso a favor dunha educación democrática, inclusiva e de calidade, ao servizo das nosas fillas e fillos, así como coñecer os nosos dereitos e deberes como pais e nais e como ANPA.

Foi unha mañá intensa tanto pola información dos poñentes, como polas dúbidas e experiencias das moitas ANPAS que asistiron.

Curso de formación para Directivos de ANPAs

Este sábado, 24 de novembro, tivo lugar unha nova edición do curso de formación para Directiv@s de ANPAs. Celebrouse no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi unha xornada de maña e tarde, con xantar incluido.

A pesar de que a climatoloxía do día non acompañaba, viñeron moitas nais e pais, membros de distintas xuntas directivas de ANPAs ,de case todas a zonas da provincia: Cariño, Betanzos, Cambre, Oleiros, Culleredo, Abegondo, Bergondo, Ribeira, Noia, Oza-Cesuras, Arteixo, Pontedeume, Ferrol, Narón, Sada, Boiro, Neda e A Coruña.

Hai que agradecerlles a todos e todas a súa presencia e participación no curso, que esperamos fora productivo e lles axude nas tareas de dirección da súa ANPA.

Grazas a tod@s!