O XXIV Día da Ciencia na rúa realízase o sábado 4 de maio, de 11.00 a 19.00 h, no Parque de Santa Margarida
O Servizo Municipal de Educación, en colaboración coa Federación de ANPAs de centros públicos, participará coa actividade “Eureka” do “Programa de Lecer Educativo”, destinado a escolares de 3 a 9 anos, con actividades relacionadas coa astronomía. Tamén participará a escola infantil municipal Os Cativos.
Os obxectivos do Día da Ciencia na Rúa son:
- Sacar a ciencia á rúa. Presentar a ciencia que se fai nos centros escolares
- Popularizar o coñecemento científico. Achegar a ciencia á sociedade
- Desmitificar a ciencia. Presentala como un xogo, como algo sinxelo, fácil de entender e ao alcance de calquera cun mínimo de interese.
- Darlle protagonismo ao alumnado. Que por unha vez non sexa o profesorado quen conduza o coñecemento, senón que o alumnado se sinta eixo e centro da actividade desenvolvida.