CONFAPA Galicia retira o apoio á folga do 9M

A subcomisión parlamentaria encargada de acadar un pacto educativo que concrete unha lexislación educativa de consenso comenzou hai días o seu traballo, as reválidas quedan suprimidas “de facto” ata acadar ese pacto.

A convocatoria de folga do día 9 de marzo estivo pensada para reclamar básicamente estas cuestións. Ante estas circunstancias e o ter constatado que a percepción social da folga que nos transmitistedes desde moitas ANPAS é de falta de apoio polas cuestións mencionadas, CONFAPA Galicia ven de tomar a decisión de retirarlle apoio a folga do 9 de marzo convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, por un exercicio de responsabilidade.

Podedes ler o comunicado completo enviado por CONFAPA Galicia nesta ligazón.

Novas relacionadas


El Mundo

El País

BOE

9 de marzo: folga xeral educativa

Convocatoria FolgaA Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga xeral educativa, en todas as etapas, desde Infantil ata a Universidade, o próximo 9 de marzo, chamando a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala. Extendendo este chamamento a  todos os representantes de todos os niveis e sectores do ámbito educativo para acadar unha convocatoria de folga de carácter unitario.

O goberno afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso. Pero a realidade demostra o contrario poñendo todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe co a LOMCE.

NON Á LOMCE!

NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN!

POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE!

» Convocatoria da folga

Protestas polas obras na cuberta do CEIP Ramón de la Sagra

O pasado luns 16 de xaneiro de 2017 comezaron as obras de retirada da cuberta (e do amianto) no colexio coruñés “CEIP Ramón de la Sagra”.

CEIP Ramón de la Sagra2Onte a ANPA Rasa informaba ás familias e convocaba unha concentración diante dos Novos Ministerios, onde está a Xefatura Territorial de Educación:

Estimadas familias:

 Como sabedes, hoxe comezaron co cambio de cuberta no noso centro. Pola mañá confirmábase que as obras realizaranse co calendario previsto e publicado no taboleiro de anuncios da Anpa e na nosa web.

A retirada da cuberta farase a partir das 16 h sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, como xa anunciaran.

Está prevista a retirada de toda a cuberta agás a correspondente á zona da biblioteca, aula de música e comedor, especialmente sensibles por carecer de forxado. 

Informamos de que os servizos xestionados pola Anpa, de madrugadores, comedor e actividades extraescolares, seguen a funcionar do mesmo xeito que o colexio. 

Si agradeceriamos, que comuniquedes a non asistencia ao comedor a Arume, para facer unha mellor previsión e evitar tirar a comida sobrante (non se pode doar).

Para aquelas familias que non enviedes aos vosos fillos, durante o periodo que dure a retirada e se publiquen as medicións (calcúlanse unhas dúas semanas) xuntamos o modelo de xustificante de non asistencia para entregar no Rexistro dos Ministerios, facilitado pola Comisión das obras e do que dispoñedes tamén en Ositos para a vosa comodidade. Tedes que levar e entregar os dous modelos por duplicado no Rexistro (unha das copias é para vós). O Rexistro está aberto de 9 a 19 h

Xuntamos tamén para o voso coñecemento o escrito da Valedora do Pobo. Estes documentos están publicados na web da Anpa.

Mañán martes 17 haberá tamén unha concentración diante dos Ministerios de 9 a 10 h. Haberá pancartas, silbatos, megafonía e prensa..estades todos convidados á protesta do Ramón de la Sagra!! 

Asimesmo, informamos de que, trala proposta na reunión informativa do pasado venres, decidiuse denunciar o caso na Fiscalía de menores. O escrito será entregado previsiblemente no día de mañá.

Saúdos

Hoxe a prensa facíase eco das reivindicacións levadas a cabo pola ANPA Rasa do CEIP Ramón de la Sagra:

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

La Opinión

La Opinión

El Ideal Gallego

El Ideal Gallego


Anexos | Informe Valedora do Pobo

Nin un paso atrás!

Onte anunciábase o acordo entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas para reformar as reválidas LOMCE e deixalas sen efectos académicos. Parece que a constancia, o traballo ben feito, as accións contra a LOMCE e a unión das familias por fin empeza a dar os seus froitos.

manifa

Marea Verde, CEAPA, a Plataforma en Defensa do Ensino Público, CONFAPA Galicia, as catro Federacións Provinciais da nosa Comunidade…  dende o primeiro borrador da “Lei Wert” non deixamos de traballar a reo en contra desta aberrante reforma educativa. Grazas ao apoio de todos e cada un de vós, conseguimos facernos oir en Madrid e comezamos a dar pequenos pasos que nos achegan, cada vez máis, a ¡¡derogación da LOMCE!!

O traballo aínda non rematou e, tal como se manifestamos dende esta Federación e CONFAPA Galicia: “solicitamos que se desconvoque a reunión do Consello Escolar do Estado de hoxe e que leven os acordos ao BOE. Logo diso crerémoslles. Hoxe as reválidas (Decreto 310/2016), seguen no BOE e a Orde Ministerial publicarase o día 30. Non podemos crer nas palabras dun Goberno que nos mentiu durante cinco anos. Agardamos a publicación no BOE do novo Real Decreto Lei que sustitúe o 310/2016 do 30 de xullo.

A maioría dos medios de comunicación hoxe facían da noticia:

El Mundo

El Mundo

El País

El País

20 Minutos

20 Minutos

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

El Ideal Gallego

El Ideal Gallego

26-O: un éxito de convocatoria

O 26 de outubro convocamos unha folga xeral educativa contra as reválidas, contra a LOMCE e contra os recortes en educación que vimos sufrindo nos últimos anos.

A dita folga consistiu en baleirar as aulas de todos os centros educativos do país. A convocatoria, conxunta co alumnado que está ameazado coas reválidas e que soporta a cotío nos seus centros educativos a implantación da LOMCE e os recortes impostos, atacando así o seu dereito á educación foi un éxito.

As cotas de participación foron do 75%, nos centros de Educación Infantil e Primaria, e prácticamente total en Sencundaria e Bacharelato: 98%