Curso de Formación para directivos das Anpas

Este ano recuperamos a organización presencial do Curso de Formación para directivos das Anpas que, por mor das restricións da pandemia, fixemos de forma online nos dous derradeiros anos.

Desta maneira volverémonos a ver para poder  intercambiar experiencias, resolver dúbidas e aprender.

As Anpas deben estar formadas e informadas sobre aspectos administrativos, contables e fiscáis de obrigado cumprimento para as entidades xurídicas.

Esta xornada terá lugar o día 11 de marzo no Pazo de Mariñán de Bergondo, cedido pola Deputación da Coruña co xantar incluido, e axustaráse ao seguinte programa:

PROGRAMA:

9:45.

Recepción dos asistentes.

Presentación: María José Ferreño Precedo, Presidenta da Federación e Dona Sandra González Castro. Delegada Especial en Materia de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña.

10:00

Presentación do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas.

Dona María Rivas López. Subdelegada do Goberno.

D. Sergio García Vázquez. Formador da Garda Civil da Coruña.

D. Alberto Arias Álvarez. Inspector Policía Nacional da Coruña.

10:45

 Curso de Formación. Bloque 1

  • Que é unha ANPA
  • Finalidades e dereitos das Anpas.
  • Documentos da Asociación.
  • Órganos de goberno (Asemblea, Xunta Directiva)
  • Libros ou Rexistros Obrigados.
  • Protección de datos

Relatora: Nuria Martínez Pigueiras. Secretaría técnica da Federación Provincial de Anpas.

12:00 Pausa café

12:20.

Obrigas contables

Contabilidade que permita obter a imaxe fiel do patrimonio

   Obrigas fiscais:

  • Actividades económicas.
  • Imposto de sociedades.
  • IVE
  • IAE
  • Declaración anual de operacións a terceiros.

Relator: Javier Leis. Representante de Algalia (Asesoría contable)

14:30 Xantar

16:00: Continuación do bloque 1

  • Actividades extraescolares.
  • Definición da Federación e as súas función.

18:00 Clausura a Xornada Dona Alejandra Pérez Maquez. Alcaldesa do Concello de Bergondo.

COLABORA:

Curso formación directivos ANPAs

Unha vez comezado o curso, temos constancia de que un gran número de anpas cambiaron a súa Xunta Directiva, e, como todos os anos, programamos o curso de formación dirixido aos/as que vos incorporastes á vosa anpa.

Por razóns de cumprimento do Protocolo Covid, nesta ocasión non será presencial e utilizaremos a plataforma Zoom para impartilo.

Neste curso falarase de toda a parte administrativa que debe coñecer e cumprir unha asociación, dos vosos dereitos, obrigas, finalidades, convocatorias e actas de xunta directiva e asembleas, consello escolar; en definitiva, de todo o que é necesario que coñezades para realizar, de acordo ás normativas e tamén o sentido común, o voso traballo.

Programamos diferentes datas, os días 2, 4, 8,10 e 11 de novembro coa idea de facer grupos de non máis de 35 persoas en cada unha delas.

INSCRICIÓN:

Admitiranse dúas persoas por cada anpa

Elixides entre os propostos, e en primeiro lugar, o día que mellor se adapte a cada un/a de vós.

A continuación marcades unha segunda opción.

Se a demanda da primeira opción supera o límite de asistentes, terase en conta a orde de inscrición para adxudicar as 35 prazas dese día e as seguintes solicitudes irían á segunda data elixida se é posible. A Federación resérvase o dereito de adxudicar outro día dos programados, despois de revisadas as  solicitudes, co fin de respectar os grupos reducidos e que a reunión sexa de proveito.

Enviarémosvos un correo electrónico coa data da vosa participación.
O mesmo día do curso recibiredes no voso correo o IDE de reunión e o código de acceso

Para facer a inscrición, pica no enlace seguinte: Inscrición

Nota: É necesario estar ao corrente no pago da cota anual da Federación para ter acceso ao Curso de Formación.

Un saúdo,

Xunta Directiva da Federación Prov. ANPAs Centros Públicos da Coruña

Xornada de Formación

Curso de Formación para ás directivas das ANPAS

PARTICIPAR É UN DEREITO, PERO TAMÉN É UN DEBER SOCIAL.


O sábado día 8 de febreiro celebrouse dende as 9:20 ata pasadas as 14:30, no Hotel Exe da Coruña unha nova edición do curso de formación que vimos facendo todos os anos para que as persoas que forman parte ou as que entran novas na directiva dunha ANPA.

O obxectivo da xornada é que estéan ao día no que atinxe a todos os aspectos que  deben terse en conta á hora de xestionar unha Xunta Directiva, e tamén resolver as dúbidas que poidan xurdir.

Para que as ANPAS cumpran cos seus fins e obxectivos e para conseguir unha participación efectiva e rigorosa na xestión escolar, os pais e nais que desexen participar na ANPA e na xestión da escola, han de estar formados e informados e aprender a debater, colectivamente, os problemas e propostas de actuación máis axeitadas. Esta xornada axudaranos a cumprir, con máis facilidade, o noso compromiso a favor dunha educación democrática, inclusiva e de calidade, ao servizo das nosas fillas e fillos, así como coñecer os nosos dereitos e deberes como pais e nais e como ANPA.

Foi unha mañá intensa tanto pola información dos poñentes, como polas dúbidas e experiencias das moitas ANPAS que asistiron.