Curso formación directivos ANPAs

Unha vez comezado o curso, temos constancia de que un gran número de anpas cambiaron a súa Xunta Directiva, e, como todos os anos, programamos o curso de formación dirixido aos/as que vos incorporastes á vosa anpa.

Por razóns de cumprimento do Protocolo Covid, nesta ocasión non será presencial e utilizaremos a plataforma Zoom para impartilo.

Neste curso falarase de toda a parte administrativa que debe coñecer e cumprir unha asociación, dos vosos dereitos, obrigas, finalidades, convocatorias e actas de xunta directiva e asembleas, consello escolar; en definitiva, de todo o que é necesario que coñezades para realizar, de acordo ás normativas e tamén o sentido común, o voso traballo.

Programamos diferentes datas, os días 2, 4, 8,10 e 11 de novembro coa idea de facer grupos de non máis de 35 persoas en cada unha delas.

INSCRICIÓN:

Admitiranse dúas persoas por cada anpa

Elixides entre os propostos, e en primeiro lugar, o día que mellor se adapte a cada un/a de vós.

A continuación marcades unha segunda opción.

Se a demanda da primeira opción supera o límite de asistentes, terase en conta a orde de inscrición para adxudicar as 35 prazas dese día e as seguintes solicitudes irían á segunda data elixida se é posible. A Federación resérvase o dereito de adxudicar outro día dos programados, despois de revisadas as  solicitudes, co fin de respectar os grupos reducidos e que a reunión sexa de proveito.

Enviarémosvos un correo electrónico coa data da vosa participación.
O mesmo día do curso recibiredes no voso correo o IDE de reunión e o código de acceso

Para facer a inscrición, pica no enlace seguinte: Inscrición

Nota: É necesario estar ao corrente no pago da cota anual da Federación para ter acceso ao Curso de Formación.

Un saúdo,

Xunta Directiva da Federación Prov. ANPAs Centros Públicos da Coruña

Curso de formación para Directivos de ANPAs

Este sábado, 24 de novembro, tivo lugar unha nova edición do curso de formación para Directiv@s de ANPAs. Celebrouse no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi unha xornada de maña e tarde, con xantar incluido.

A pesar de que a climatoloxía do día non acompañaba, viñeron moitas nais e pais, membros de distintas xuntas directivas de ANPAs ,de case todas a zonas da provincia: Cariño, Betanzos, Cambre, Oleiros, Culleredo, Abegondo, Bergondo, Ribeira, Noia, Oza-Cesuras, Arteixo, Pontedeume, Ferrol, Narón, Sada, Boiro, Neda e A Coruña.

Hai que agradecerlles a todos e todas a súa presencia e participación no curso, que esperamos fora productivo e lles axude nas tareas de dirección da súa ANPA.

Grazas a tod@s!