Concello da Coruña. Programas Educativos Curso 2019/20

Ola, bo día e benvidos a este novo curso escolar 2019/20

Informamosvos da  oferta dos programas de actividades que imos desenvolver ao longo do curso polo que xuntamos os trípticos informativos e folla de inscrición en formato pdf que tamén recibiredes en papel no voso Centro entre luns ou martes da vindeira semana.

 Para facer todo máis operativo e sinxelo e facilitarvos o traballo do procedemento de inscrición e cobro de cotas en todos os programas, neste curso poderedes optar por dúas modalidades de inscrición:

 1.   On line: Cada familia, utilizando a ligazón https://forms.gle/ioajbL29PiKRHxjKA fará unha inscrición por alumno/a na que se inclúe, como campo obrigatorio a cubrir, a petición dos datos de domicialición bancaria. (A información que enviedes ás familias ten que levar: a ligazón, o tríptico que vos enviamos,as actividades que ofertades e os horarios nos que se impartirán no voso Centro). Cada inscrición xa se recibe na Federación, quen se encargará do cobro das cotas. Unha vez rematado o procedemento de recepción de todas as solicitudes, compartiremos convosco a listaxe dos alumnos/as e grupos conformados seguindo os criterios dos programas.

2.    Na propia ANPA. Como se fixo habitualmente, a Anpa recollerá as inscricións que nos entregaredes na nosa oficina. O cobro farase tamén mediante domiciliación bancaria, a excepción, polas razón que sexan, das familias que opten polo pago na propia ANPA.  

 Como sabedes, para implementar calquera dos programas ou todos eles, é necesario contar coa aprobación do Consello Escolar.

POE E DEPORTE NO CENTRO: Novidades: Inscrición online, domiciliación bancaria e lixeiro incremento do custo. Toda a información no tríptico que se achega.

 CÓXEGAS: do 11 ao 30 de setembro. Previamente deberedes confirmarnos, o máis rápidamente posible, se estades interesados en implementar este programa.

Inscrición:

A partires do día 2 de setembro, on line ou na ANPA. Se precisa un mínimo de 10 escolares para a formación de grupo.

Custo: 15 euros, aos que hai que engadir o seguro de accidentes de 4 euros ( cobertura para todos os programas xestionados pola Federación para o curso 19/20)  

Becados: Debido ao retraso por parte do Concello da resolución das solicitudes de bolsas de comedor, os escolares solicitantes das bolsas deberán cubrir igualmente o apartado dos datos bancarios tanto na inscrición on-line como no formulario na ANPA. Non se lles pasará o recibo devengado do mes de setembro ate a confirmación da concesión ou denegación da bolsa de comedor. Se teñen concedida a axuda, deberán comunicarllo á Federación vía email a ocio@fedapascoruna.org , tendo de prazo ate o día 5 de outubro. No caso de non ser beneficiarios da bolsa, procederemos ao cobro dos recibos que lles correspondan entre os días 5 e 10 de outubro. Os escolares beneficiarios das axudas están exentos de calquera cota, incluida a do seguro de accidentes.

 Importante:

–   O cobro das actividades faráse por domiciliación bancaria e nos 10 primeiros días do período cargaráse a cota correspondente.

–   Os gastos derivados da devolución dos recibos correrán pola conta do usuario.

–    Unha vez inscrito nos programas de ocio Educativo e Deporte no Centro, a renovación da inscrición para os seguintes períodos realizaráse automáticamente. Se non desexa continuar na actividade, deberá comunícalo via e-mail a ocio@fedapascoruna.org nos 15 días anteriores á finalización do período no que está inscrito.

 NATACIÓN ESCOLAR: Este programa depende do Servizo Municipal de Deportes, non é xestionado directamente pola Federación polo que a  inscrición NON SERÁ ON-LINE  e o procedemento do cobro da cota non sufre variación, sendo na ANPA e coas fichas de inscrición que vos faremos chegar a vindeira semana.

 LISTEN AND SPEAK: Continuaremos ofertando este programa do que enviaremos información a vindeira semana. Agora mesmo estamos á espera da información do Servizo Municipal de Educación.

Coma sempre, agradecervos o esforzo e traballo que supón a vosa inestimable labor nos Centros Escolares e decirvos que na xuntanza do martes día 3 estamos a vosa disposición para clarexar calquera dúbida ou ampliar a información.

 Un afectuoso saúdo

Xunta Directiva

Cóxegas. Programa de conciliación

Este programa de conciliación desenvolverase os días lectivos do mes de xuño. Isto é, de luns a venres en horario de 16​:00​ a 18​:00 horas dende o luns 3 de xuño ata o venres 21 de xuño.

Prazo de inscrición: ate o 16 de maio. (no tríptico informativo que vos achegamos, o mesmo que xa tendes dende principio do curso, figura o día 10, pero alongamos a data ata o 16, para dar mais tempo a facer as inscricións)

Custo do programa: 15 € / participante.

Requisitos:

·        Contar coa aprobación do ​Consello Escolar.

·        Cumprir a ratio mínima de 10 escolares para formar grupo.

As inscripcións cubriranse no mesmo modelo dos programas educativos e está incluída no díptico xeral dos programas.

Cóxegas

O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias para poder conciliar a vida familiar e laboral ata o último día do curso escolar.
Este programa ofrece aos escolares a oportunidade de realizar xogos e deportes, así coma actividades lúdicas de animación teatral, plástica … baixo un enfoque integrador onde os nenos e nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual

Realizarase en todos os CEIPs públicos que así o soliciten e aproben en Consello Escolar

Período: do 1 ao 21 de xuño
Días e horario: de luns a venres, de 16 a 18 h.

Para inscribirse, pregunta na ANPA do teu colexio

DIPTICO COXEGAS XUÑO 2018

Cóxegas: un novo programa que che axuda a conciliar

cartelCóxegasO Programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias para poder conciliar a vida familiar e laboral dende o primeiro día do curso escolar, cando aínda non se puxeron en marcha outras actividades extraescolares pero a conciliación segue sendo igual de importante.

Desenvólvese no propio centro educativo, vai dirixido a todo o alumnado matriculado, agrupado por idades, e ofrece aos escolares a oportunidade de realizar xogos e deportes así coma actividades lúdicas de animación teatral, plástica… baixo un enfoque integrador onde os nenos e nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual nestas tres semanas de duración.

Tes toda a información no díptico do programa. Non esperes máis:

¡apúntate xa!