Xornada: “Menores e o seu mundo dixital”

CONFAPA Galicia organiza a xornada “Menores e o seu mundo dixital” para o vindeiro 1 de abril.

O uso xeneralizado da internet é unha das grandes revolucións de principios deste século, fomentar o seu uso en todas as disciplinas é unha das aspiracións da educación actual, pero estas cuestións tan positivas débense acompañar dunha educación sobre o que significa a privacidade e a confiabilidade, a proteción de datos, a propiedade intelectual, o uso das redes sociais,  chat, navegación por Internet, uso do correo electrónico, foros, xogos online, etc…

E todo isto é do que falaremos nesta xornada que cremos vai ser de gran utilidade e aprendizaxe.

¡Inscríbete ata o venres 31 de marzo!

 

CONFAPA Galicia retira o apoio á folga do 9M

A subcomisión parlamentaria encargada de acadar un pacto educativo que concrete unha lexislación educativa de consenso comenzou hai días o seu traballo, as reválidas quedan suprimidas “de facto” ata acadar ese pacto.

A convocatoria de folga do día 9 de marzo estivo pensada para reclamar básicamente estas cuestións. Ante estas circunstancias e o ter constatado que a percepción social da folga que nos transmitistedes desde moitas ANPAS é de falta de apoio polas cuestións mencionadas, CONFAPA Galicia ven de tomar a decisión de retirarlle apoio a folga do 9 de marzo convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, por un exercicio de responsabilidade.

Podedes ler o comunicado completo enviado por CONFAPA Galicia nesta ligazón.

Novas relacionadas


El Mundo

El País

BOE

9 de marzo: folga xeral educativa

Convocatoria FolgaA Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga xeral educativa, en todas as etapas, desde Infantil ata a Universidade, o próximo 9 de marzo, chamando a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala. Extendendo este chamamento a  todos os representantes de todos os niveis e sectores do ámbito educativo para acadar unha convocatoria de folga de carácter unitario.

O goberno afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso. Pero a realidade demostra o contrario poñendo todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe co a LOMCE.

NON Á LOMCE!

NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN!

POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE!

» Convocatoria da folga

O amianto nos centros escolares segue a dar que falar

CONFAPA Galicia recibía onte, a través da Valedora do Pobo, as conclusións do informe da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria no que, entre outras cousas se salienta:

A presenza destes materiais nos locais ou espazos dos lugares de traballo non indica directamente unha situación de risco […]“.

O escrito da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga,  propiciou que esta mesma mañá a Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos remitise un novo escrito solicitando a aclaración sobre este asunto.

Podedes ler os documentos completos nas seguintes ligazóns:

» Escrito da Valedora do Pobo (07/02/2017)

» Escrito de CONFAPA Galicia (08/02/2017)

CONFAPA Galicia solicita a retirada do amianto dos centros educativos

CONFAPA GaliciaSolicitude Amianto solicita á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que “dea os pasos necesarios para poñer en marcha un plan conxunto da Administración Educativa e doutras Administracóns implicadas, para que elimine de forma rápida, segura e definitiva calquera material que conteña amianto de todos e cada un dos centros educativos […]

O pasado luns 23 de xaneiro rexistrouse a solicitude, dirixida ao Conselleiro de Educación -Román Rodríguez González- quedando á espera da súa resposta ou novas sobre o asunto.

 

»máis info