Protestas polas obras na cuberta do CEIP Ramón de la Sagra

O pasado luns 16 de xaneiro de 2017 comezaron as obras de retirada da cuberta (e do amianto) no colexio coruñés “CEIP Ramón de la Sagra”.

CEIP Ramón de la Sagra2Onte a ANPA Rasa informaba ás familias e convocaba unha concentración diante dos Novos Ministerios, onde está a Xefatura Territorial de Educación:

Estimadas familias:

 Como sabedes, hoxe comezaron co cambio de cuberta no noso centro. Pola mañá confirmábase que as obras realizaranse co calendario previsto e publicado no taboleiro de anuncios da Anpa e na nosa web.

A retirada da cuberta farase a partir das 16 h sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, como xa anunciaran.

Está prevista a retirada de toda a cuberta agás a correspondente á zona da biblioteca, aula de música e comedor, especialmente sensibles por carecer de forxado. 

Informamos de que os servizos xestionados pola Anpa, de madrugadores, comedor e actividades extraescolares, seguen a funcionar do mesmo xeito que o colexio. 

Si agradeceriamos, que comuniquedes a non asistencia ao comedor a Arume, para facer unha mellor previsión e evitar tirar a comida sobrante (non se pode doar).

Para aquelas familias que non enviedes aos vosos fillos, durante o periodo que dure a retirada e se publiquen as medicións (calcúlanse unhas dúas semanas) xuntamos o modelo de xustificante de non asistencia para entregar no Rexistro dos Ministerios, facilitado pola Comisión das obras e do que dispoñedes tamén en Ositos para a vosa comodidade. Tedes que levar e entregar os dous modelos por duplicado no Rexistro (unha das copias é para vós). O Rexistro está aberto de 9 a 19 h

Xuntamos tamén para o voso coñecemento o escrito da Valedora do Pobo. Estes documentos están publicados na web da Anpa.

Mañán martes 17 haberá tamén unha concentración diante dos Ministerios de 9 a 10 h. Haberá pancartas, silbatos, megafonía e prensa..estades todos convidados á protesta do Ramón de la Sagra!! 

Asimesmo, informamos de que, trala proposta na reunión informativa do pasado venres, decidiuse denunciar o caso na Fiscalía de menores. O escrito será entregado previsiblemente no día de mañá.

Saúdos

Hoxe a prensa facíase eco das reivindicacións levadas a cabo pola ANPA Rasa do CEIP Ramón de la Sagra:

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

La Opinión

La Opinión

El Ideal Gallego

El Ideal Gallego


Anexos | Informe Valedora do Pobo