Curso de formación para Directivos de ANPAs

Este sábado, 24 de novembro, tivo lugar unha nova edición do curso de formación para Directiv@s de ANPAs. Celebrouse no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi unha xornada de maña e tarde, con xantar incluido.

A pesar de que a climatoloxía do día non acompañaba, viñeron moitas nais e pais, membros de distintas xuntas directivas de ANPAs ,de case todas a zonas da provincia: Cariño, Betanzos, Cambre, Oleiros, Culleredo, Abegondo, Bergondo, Ribeira, Noia, Oza-Cesuras, Arteixo, Pontedeume, Ferrol, Narón, Sada, Boiro, Neda e A Coruña.

Hai que agradecerlles a todos e todas a súa presencia e participación no curso, que esperamos fora productivo e lles axude nas tareas de dirección da súa ANPA.

Grazas a tod@s!

II Festa das ANPAs da Escola Pública. Grazas

O pasado sábado 12 de maio, xuntámonos unhas 700 persoas, de máis de vinte ANPAs de centros públicos de toda a Provincia, para celebrar a II Festa das Anpas da Escola Pública.

O Albergue Xuvenil de Gandarío volveu ser un lugar de encontro, de poñernos caras, de intercambiar opinións e iniciativas, e como non, de gozar dun día en familia, facendo deporte, xogos, baile e esa festa da escuma final que moitos estiveron a esperar todo o día.

Agradecemos a todos os colaboradores, a súa disposición para botarnos unha man facendo posible este encontro, aos voluntarios da Federación de Anpas, aos monitores das actividades, á dirección do Albergue, a Protección Civil, á Garda Civil, e como non, a todos os que vos achegastes a pasar connosco ese día. Repetiremos!!

Deixámosvos a ligazón ás fotos dese día

<<galería