Éxito de participación na I Festa das ANPAs da Escola Pública

O pasado sábado 27 de maio, xuntámonos máis de 1200 persoas, de case trinta ANPAs de centros públicos de toda a Provincia, para celebrar a I Festa das ANPAs da Escola Pública.

E é que non todo vai ser traballar a reo nos centros pola educación dos nosos fillos, pola gratuidade dos libros de texto, organizando actividades extraescolares, comedores, bancos de libros, accións formativas, redactando actas, levando as contas, solicitando subvencións… Decidimos que tamén estaría ben poñernos cara unhas ANPAs a outras, intercambiar opinións e desfrutar dun día en familia… e seica a unha morea de xente gustoulle a idea: xogos tradicionais, exhibición canina, capoeira, festa da escuma… ¡repetiremos!

Queremos agradecer a todos os colaboradores, que nos botaron unha man para que este encontro fora posible, a todos os que traballáchedes na organización, aos monitores das actividades, a Protección Civil, que se encargou da seguridade, aparcadoiros… a Garda Civil e 061 por deixarlles troulear aos cativos neses vehículos tan molones que tedes e, por suposto a todos os que vos achegáchedes a pasar o día connosco.

» ver galería

“Galicia, auga e literatura” | Concurso de fotografía

Galicia, auga e literaturaLa Voz de Galicia,  a través do seu suplemento La Voz de la Escuela, e VIAQUA convocan o III Concurso de fotografía “Galicia, Auga e Literatura” no Programa Prensa-Escuela, curso 2016/2017.

Preténdese que os escolares destaquen pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga, para realzar o vínculo cos valores esenciais da cultura galega.

Trátase de convocar un concurso de fotografía no que os escolares de Galicia (de educación primaria e secundaria) nos dean a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso

O prazo de presentación dos traballos finalizará o 5 de maio do 2017

programa prensa escuela

Concurso “Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil”

O concurso, aberto a toda a comunidade escolar galega, busca que os alumnos, desde educación infantil ata bacharelato e formación profesional, se familiaricen coa lectura e o manexo do xornal e desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción baseándose en informacións publicadas na edición impresa ou dixital de La Voz de Galicia (Mellor Xornalista Infantil) ou mediante traballos orixinais de elaboración propia (Mellor xornalista Xuvenil)

O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 30 de abril de 2017

programa prensa escuela

Campaña de esquí 2017 da Deputación

Xa está aberto o prazo de inscripción para a campaña de esquí 2017 da Deputación Provincial da Coruña, tedes de prazo ata o 23 de xaneiro para formalizar a inscripción.

Desenvolverase entre o 19 de febreiro e o 31 de marzo, en diversas viaxes á estación invernal de Leitariegos (León) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2002 e 2006.

Nesta edición participarán un total de 500 rapaces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de cinco días de duración cada unha.

Cartel20esqui202017