27 de Maio: I Festa das ANPAs da Escola Pública

A Federación organizará o vindeiro sábado 27 de maio a I Festa das ANPAs da Escola Pública

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña organiza, como peche de curso, o primeiro encontro de carácter lúdico para todas as nosas anpas asociadas ANPAs dos centros públicos da Provincia da Coruña.

Queremos desfrutar dun día en familia con todos vos: nais, pais, fillas, fillos, avós… un momento no que compartir experiencias dos vosos centros, “poñernos cara”,  divertirse xunto cos vosos fillos, xantar todos xuntos esas especialidades culinarias que cada quen levará e que tan ben se nos da preparar -todas light- ¡seguro!

Xa case temos todo organizado, fáltanos reservar o sol radiante e pouco máis… en breve abriremos o prazo de inscripción, mentras tanto ide apuntando na axenda: sábado 27 de maio, no Albergue de Gandarío (Bergondo) de 10:00 a 18:30

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Xornada: “Menores e o seu mundo dixital”

CONFAPA Galicia organiza a xornada “Menores e o seu mundo dixital” para o vindeiro 1 de abril.

O uso xeneralizado da internet é unha das grandes revolucións de principios deste século, fomentar o seu uso en todas as disciplinas é unha das aspiracións da educación actual, pero estas cuestións tan positivas débense acompañar dunha educación sobre o que significa a privacidade e a confiabilidade, a proteción de datos, a propiedade intelectual, o uso das redes sociais,  chat, navegación por Internet, uso do correo electrónico, foros, xogos online, etc…

E todo isto é do que falaremos nesta xornada que cremos vai ser de gran utilidade e aprendizaxe.

¡Inscríbete ata o venres 31 de marzo!

 

O Constitucional toma en consideración para a súa tramitación a Lei Orgánica sobre a suspensión do calendario de implantación da LOMCE

Podedes ler a información completa no BOE núm. 45 de hoxe mércores 22 de febreiro:

El Pleno del Tribunal Constitucional, por providencia de 14 de febrero actual, ha acordado admitir a trámite el conflicto entre órganos constitucionales núm. 355-2017, promovido por el Gobierno de la Nación frente el Congreso de los Diputados, en relación con el Acuerdo de la Mesa del Congreso de los Diputados de 18 de octubre de 2016, ratificado el 20 de diciembre de 2016, por el que, rechazando la disconformidad expresada por el Gobierno, se toma en consideración para su tramitación por el Pleno la Proposición de ley orgánica presentada por el Grupo Parlamentario Socialista sobre la suspensión del calendario de la implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa (LOMCE)

CONFAPA Galicia retira o apoio á folga do 9M

A subcomisión parlamentaria encargada de acadar un pacto educativo que concrete unha lexislación educativa de consenso comenzou hai días o seu traballo, as reválidas quedan suprimidas “de facto” ata acadar ese pacto.

A convocatoria de folga do día 9 de marzo estivo pensada para reclamar básicamente estas cuestións. Ante estas circunstancias e o ter constatado que a percepción social da folga que nos transmitistedes desde moitas ANPAS é de falta de apoio polas cuestións mencionadas, CONFAPA Galicia ven de tomar a decisión de retirarlle apoio a folga do 9 de marzo convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, por un exercicio de responsabilidade.

Podedes ler o comunicado completo enviado por CONFAPA Galicia nesta ligazón.

Novas relacionadas


El Mundo

El País

BOE

22 de febreiro: reunión coas ANPAs da cidade

Estimados amigos e amigas, a  Federación contando coa vosa colaboración e a dos directores/as dos Centros, ten previsto ofertar programas de conciliación: Campacole e Cóxegas, en horario de mañá, no mes de xuño -nos días nos que xa remataron as clases- e períodos non lectivos de Semana Santa e verán; atendendo a necesidade das familias que demanden esa atención nos períodos sinalados.

Para darvos máis información e compartir convosco os pormenores que da organización, convocámosvos a esta xuntanza.

Data: mércores 22 de febreiro
Hora: 18:30
Lugar: Federación Provincial de ANPAS
Duración aproximada: 1 hora

A Xunta non dotará de cociña ao colexio de Novo Mesoiro

Esta mesma mañá, Silvia Cameán, Concelleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña reuníase cos respresentantes da Plataforma Galega por uns Comedores Responsables na Escola, para informarnos da situación en canto a dotación de cociña propia no colexio de nova construcción de Novo Mesoiro (A Coruña).

A inminente construcción deste centro escolar brinda unha oportunidade extraordinaria -aínda non comezaron as obras- para que se dote de cociña propia, deixando así a porta aberta a outro modelo de xestión do comedor escolar que non sexa necesariamente a subcontratación dun servizo de catering.

Inda_OitaPero as novas que nos trasladou a Concelleira, trala reunión con Jesús Oitavén (Secretaría Xeral Técnica, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) e Indalecio Cabana (Xefatura Territorial de Educación da Coruña) non foron precisamente alentadores: o colexio de Novo Mesoiro non terá cociña.

Os representantes da Plataforma que acudiron a reunión: Beatriz Ferreira (Directora da EIM A Caracola da Coruña), Xosé Ramón Cendón (Sindicato Labrego Galego), José María Hernández (productor agroecolóxico de A Tenza), Guillermo Usero (Presidente da ANPA da Caracola) e Daniel Cameselle (Secretario da Federación Provincial de ANPAs), trasladarán á plataforma esta información e estudiarán os pasos que seguirán para facer entender á Administración Autonómica que outro tipo de alimentación nos comedores escolares é posible: con cociñas nos propios centros ou cercanos, con productos de proximidade, ecolóxicos e de calidade.

artigo

9 de marzo: folga xeral educativa

Convocatoria FolgaA Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga xeral educativa, en todas as etapas, desde Infantil ata a Universidade, o próximo 9 de marzo, chamando a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala. Extendendo este chamamento a  todos os representantes de todos os niveis e sectores do ámbito educativo para acadar unha convocatoria de folga de carácter unitario.

O goberno afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso. Pero a realidade demostra o contrario poñendo todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe co a LOMCE.

NON Á LOMCE!

NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN!

POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE!

» Convocatoria da folga

O amianto nos centros escolares segue a dar que falar

CONFAPA Galicia recibía onte, a través da Valedora do Pobo, as conclusións do informe da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria no que, entre outras cousas se salienta:

A presenza destes materiais nos locais ou espazos dos lugares de traballo non indica directamente unha situación de risco […]“.

O escrito da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga,  propiciou que esta mesma mañá a Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos remitise un novo escrito solicitando a aclaración sobre este asunto.

Podedes ler os documentos completos nas seguintes ligazóns:

» Escrito da Valedora do Pobo (07/02/2017)

» Escrito de CONFAPA Galicia (08/02/2017)