Encontros Deportivos PATINAXE

Clausura das actividades de patinaxe no programa Deporte no Centro

O programa Deporte no Centro propón a realización de catro grandes encontros deportivos nos que poderán participar todos os nenos e nenas inscritos nas escolas de patinaxe.

Nestes encontros, os nenos e nenas amosarán ás súas familias e aos participantes doutros colexios algunhas das aprendizaxes adquiridas neste curso. Todo iso enmarcado dentro dun ambiente lúdico onde a participación e a diversión deben ser os obxectivos para alcanzar.

Devanditos encontros realizaranse no Palacio dos Deportes de Riazor. En concreto, no que participará o seu colexio, realizarase na data e horario que figuran a continuación.

Cóxegas. Programa de conciliación

Este programa de conciliación desenvolverase os días lectivos do mes de xuño. Isto é, de luns a venres en horario de 16​:00​ a 18​:00 horas dende o luns 3 de xuño ata o venres 21 de xuño.

Prazo de inscrición: ate o 16 de maio. (no tríptico informativo que vos achegamos, o mesmo que xa tendes dende principio do curso, figura o día 10, pero alongamos a data ata o 16, para dar mais tempo a facer as inscricións)

Custo do programa: 15 € / participante.

Requisitos:

·        Contar coa aprobación do ​Consello Escolar.

·        Cumprir a ratio mínima de 10 escolares para formar grupo.

As inscripcións cubriranse no mesmo modelo dos programas educativos e está incluída no díptico xeral dos programas.

XXIV Día da Ciencia na rúa

O XXIV Día da Ciencia na rúa realízase o sábado 4 de maio, de 11.00 a 19.00 h, no Parque de Santa Margarida

O Servizo Municipal de Educación, en colaboración coa Federación de ANPAs de centros públicos, participará coa actividade “Eureka” do “Programa de Lecer Educativo”, destinado a escolares de 3 a 9 anos, con actividades relacionadas coa astronomía. Tamén participará a escola infantil municipal Os Cativos.

Os obxectivos do Día da Ciencia na Rúa son:

  • Sacar a ciencia á rúa. Presentar a ciencia que se fai nos centros escolares
  • Popularizar o coñecemento científico. Achegar a ciencia á sociedade
  • Desmitificar a ciencia. Presentala como un xogo, como algo sinxelo, fácil de entender e ao alcance de calquera cun mínimo de interese.
  • Darlle protagonismo ao alumnado. Que por unha vez non sexa o profesorado quen conduza o coñecemento, senón que o alumnado se sinta eixo e centro da actividade desenvolvida.

III Festa das Anpas da Escola Pública

Este ano toca a celebración da III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA. Fostes moitos os que preguntastes se este ano íamos reunirnos en Gandarío; pois si, o día 25 de maio.

Mais ou menos a organización é como o ano pasado (non hai porque cambiar o que funcionou ben). O que si queremos mellorar é a participación dos maiores, pretendemos facer unha xornada de convivencia entre os asociados das ANPAS, as xuntas directivas, AS FAMILIAS, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos. Pedímosvos que interactuemos cos nosos fillos e fillas e cos monitores, que se encargarán de facer as actividades que vedes abaixo.

Este ano mantemos o torneo de fútbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.

E como non, non pode faltar unha Foliada na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto a tráelo para bailar todos unhas repichocas.

Se participades, esperamos que si, no torneo de fútbol é preciso, por razóns de organización previa, anotarse no campo relacionado na ligazón da aplicación. Se non hai participantes, non habería esa actividade. O mesmo facemos se vos apetece traer e tocar un instrumento e bailar ao son da música; o que chamamos “Foliada”.

Podedes votar unha ollada ás fotos do ano pasado na nosa web www.fedapascoruna.org  e lembrade que cando teñades todo organizado debedes enviarnos unha listaxe cos nomes de asistentes diferenciando se son nenos/as ou adultos, xa que na ligazón o que facemos é inscribir a ANPA.

Por suposto, gustaríanos que nos axudásedes facendo aportacións, por exemplo: suxerir actividades, aportar patrocinadores que coñezades e estean dispostos a colaborar con agasallos, cartos, o que sexa…e tamén na dinamización das actividades e no traballo xeral dese día, polo que é moi importante que fagades difusión aos participantes das normas de funcionamento que vos achegamos, e tamén do cartel da Festa.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 25  DE ABRIL. ESPERAMOS CON MOITA ILUSIÓN QUE VEÑADES E PASEMOS UNHA XORNADA MOI AGRADABLE.

Ligazón para anotar a participación da ANPA:  https://goo.gl/DMidfu

Deixamos aquí o acceso ao documento das Normas da festa

 TEMPORALIZACIÓN:

10:00 – 10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.

11:00 – 14:00:

REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA

TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)

14:00 – 15:30: XANTAR

HORARIO DE TARDE:

15:30 – 17:30:

REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA

FOLIADA

CAPOEIRA EN FAMILIA

TROTAMÚSICOS

XOGOS MUSICAIS – ZUMBA

E DEMAIS ACTIVIDADES QUE POIDAN XURDIR.  SORPRESA!!!

17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA

18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA

XXIII Mostra de Actividades Culturais

Aos que xa participades dende aquela primeira Mostra do ano 1996, coincidindo coa inauguración do Forum, dámosvos as grazas pola vosa fidelidade que fai posible a súa organización.
Aos que sodes novos na vosa ANPA ou ides participar por primeira vez, decirvos que o que tratamos neses días é de facer un acto de representación das actividades que se fan no horario extraescolar, disfrutando todos da música, do teatro, do baile; e sobre todo das caras de emoción e inclusive de “nervios”  dos e das artistas participantes.

CELEBRARASE OS DÍAS 8 (mércores), 9 (xoves), 10 (venres) e 11 (sábado)  DE MAIO DE 2019

HORARIO DE TARDE: días 8, 9 10.

HORARIO DE MAÑÁ: sábado día 11

LUGAR: FORUM METROPOLITANO DA CORUÑA (Río de Monelos s/n)

Presentación do plan de usos para as Naves do Metrosidero

O xoves 14 de febreiro, no Pazo de María Pita, presentouse o plan de usos para as Naves do Metrosidero.

O plan de usos das Naves do Metrosidero contempla a posibilidade de que os centros educativos da cidade poidan utilizar algún dos dous recintos rehabilitados en horario de mañá mentres que, polas tardes, estarán reservados ao uso programado e libre de mozos.

Ao acto asistiron a presidenta da Federacion, Lola Blanco, e a vogal, Ana Pereira.

Básquet Coruña. A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, protagonista de ’17 partidos, 17 causas’ da Obra Social de ‘La Caixa’

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña foi a entidade protagonista e homenaxeada o martes 22 de xaneiro, no partido do Básquet Coruña contra o Real Betis Enerxía Plus no programa solidario ’17 partidos, 17 causas’ da Obra Social de ‘La Caixa’. Un recoñecemento no contexto da celebración do ‘Día Mundial da Educación’ o próximo 24 de xaneiro.

Asistiron á homenaxe a presidenta, Lola Blanco, o tesoureiro, Jose Manuel Calvo, e a vogal, Ana Pereira.

Concello da Coruña. Campacole Nadal 2018


“AS MANS DO NADAL”

As mans do Nadal serán as protagonistas deste campacole porque elas coa súa
solidariedade son capaces de salvar o Nadal de moitas persoas que así o precisan, enchendo de maxia, soños e ilusión estas datas tan especiais para todos.
Unámonos a elas para descubrir todo o que son capaces de facer para manter viva a esencia do Nadal.

SEDES
Nos seguintes CEIPs: Anxo da Garda, Curros Enríquez, Emilia Pardo Bazán, Juan Fernández Latorre, Manuel Murguía e San Pedro de Visma.

PERSOAS DESTINATARIAS
Alumnado de Ed. Infantil e Primaria dos CEIPs públicos do concello de A Coruña.

DATAS
– QUENDA 1: 26, 27, 28 de decembro do 2018.
– QUENDA 2: 2, 3, 4 de xaneiro de 2019.
– DÍA OPCIONAL: 7 de xaneiro de 2019.

HORARIO
– Campamento: De 10:00 a 14:00 h.
– Madrugadores: A partires das 8:30 h.
– Comedor. Dende as 14:00 h. ata as 15:30 h. (podendo sair dende as 15:00h).

COTAS
QUENDA 1: Madrugadores: 3 €. Almorzo: 3€ . Campamento: 10 €. Comedor: 12 €.
QUENDA 2: Madrugadores: 3 €. Almorzo: 3€ . Campamento: 10 €. Comedor: 12 €
DÍA 7 DE XANEIRO: Madrugadores: 1 €. Almorzo: 1€ . Campamento: 4 €. Comedor: 4 €

INSCRICIÓN(POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN)
-DÍAS: 3, 4 e 5 de decembro só o alumnado matriculado no centro sede, ademáis do alumnado dos CEIPs Prácticas e Sanjurjo de Carricarte que, solicitando ser sede se decidiu fusionar co centro máis próximo para unha mellor optimización dos recursos.
Os días 10 e 11 de decembro, o alumnado matriculado nun CEIP público do concello.
-HORARIO: de 9:00 a 9:30h. e de 16:00 a 16:30 h.
O CEIP Curros Enriquez terá o seguinte horario de mañá: de 9:15 a 9:45 (o de tarde manterase igual).
-LUGAR: no local do ANPA.

PRAZAS
Campamento: Mínimo de 15. O máximo será de 45, a excepción de Curros Enríquez e San Pedro de Visma que serán 60.
Madrugadores e comedor: Mínimo de 10.
No caso de non chegares ao mínimo esixido, devolveríase a cota aboada.

DIPTICO NADAL 18