• Protocolo COVID-19 – Curso 2021-2022 (1 MB)

    A proposta integral de lecer educativo da Federación Provincial de ANPAS para o curso 2021/2022 enmárcase nun convenio de colaboración co Concello de A Coruña. Todas as actividades propostas desenvolvense nos propios centros públicos de A Coruña, favorecendo así a conciliación da vida laboral, social e familiar.
    Todas as actividades propostas pretenden ocupar o tempo libre da rapazada, con propostas onde o xogo e a diversión serán o aceno de identidade, proporcionando ao mesmo tempo un lecer activo e de calidade.
    Os nenos e as nenas terán un amplo abano de experiencias que lles permitirán completar o seu desenvolvemento integral como persoa, dentro dun colectivo e nun ambiente distendido, socializador e integrador dende tres ámbitos: DEPORTIVO, ARTÍSTICO – CULTURAL e IDIOMAS, plantexado para acadar os seguintes obxectivos:
    · Dotar de calidade o tempo de lecer dos escolares a través desta proposta lúdica de actividades culturais, deportivas e de idiomas.
    · Xerar afeccións e espertar sensibilidades a través de diferentes actividades multidisciplinares (culturais, deportivas e de idiomas).
    · Fomentar a socialización e a convivencia entre os nenos e as nenas do mesmo ou diferente grupo, respectando aos demais e atendendo así á diversidade e á tolerancia.
    · Desenvolver actitudes, asumir valores persoais e sociais e respectar as normas de convivencia.
    · Divertirse vivenciando de maneira activa diferentes propostas que atendan as inquedanzas e intereses dos nenos e das nenas.
    · Espertar o espírito crítico e reflexivo, afrontando de maneira activa unha actitude ante a realidade que os rodea, con valores libremente asumidos.
    · Empregar o xogo como principal ferramenta metodolóxica: “aprender xogando”.
    A proposta integral de ocio e educación baixo os referidos obxectivos abrangue tres liñas diferenciadas e combinables entre si a través da seguinte oferta de lecer educativo:
    · DEPORTE NO CENTRO.
    · ARTE E CULTURA NO CENTRO.
    · IDIOMAS NO CENTRO: ENGLISH LAB, ON PARLE.
    Este programa de actividades desenvolverase dende o 1 de outubre de 2021 ata o 31 de maio de 2022, de luns a venres de 16:00h a 18:00h, en dúas sesións alternas a semana de unha hora cada sesión. Será necesario un mínimo de 10 escolares para formar grupo, e a partir de 19 escolares, desdobraríase o grupo.

    • Data de subida 5 Outubro, 2021
  • Protocolo de actuación frente al COVID-19 Ocio Educativo (1 MB)

    La Federación provincial de ANPAS de A Coruña en colaboración con el Ayuntamiento de A Coruña, con el fin de favorecer la conciliación de la vida laboral, social y familiar tiene previsto la realización de un amplio abanico de actividades DEPORTIVO, ARTISTICO-CULTURAL E IDIOMAS que se
    desenvolverán en los propios centros públicos de la ciudad de A Coruña.

    • Data de subida 24 Setembro, 2020
  • Comunicado de CONFAPA Galicia retirando apoio á folga do 9M (749 kB)

    • Data de subida 21 Febreiro, 2017
  • Convocatoria da folga do 9 de marzo 2017 (145 kB)

    • Data de subida 8 Febreiro, 2017
  • CONFAPA Galicia: aclaración sobre o 396/2006 (665 kB)

    • Data de subida 8 Febreiro, 2017
  • Valedora do Pobo: informe de Educación sobre o amianto (609 kB)

    • Data de subida 8 Febreiro, 2017
  • Orde reguladora do procedemento de admisión 2017 (709 kB)

    • Data de subida 2 Febreiro, 2017