Programa de actividades de dinamización para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa.

Outro verán máis, a Federación Provincial de ANPAS, xunto co concello da Coruña, organizan o campamento de inglés Summer Talk. As actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar, tanto en recintos a cubertos coma ao aire libre, co fin de potenciar o desenvolvemento da capacidade de escoita comprensiva e a expresión oral en lingua inglesa e sempre cumprindo a normativa de prevención vixente referente á COVID-19.

Información:

  • Destinatarios: alumnado matriculado, no curso 2020-21, en 6º EP ou nalgún curso da ESO, da cidade da Coruña.
  • Datas: do 5 ao 30 de xullo en 4 quendas de 5 días
  • Horario: de luns a venres en horario de mañá
  • Prezo: 15 euros
  • Prazas: 240

Preinscrición: Do luns 24 de maio ás 9:00h ata mércores 26 de maio ás 23:59h

Listaxes Summer Talk 2021

Protocolos:

Plan de contención Federación

Centros: