Programa que favorece o desenvolvemento integral do alumnado a
través da práctica da actividade física e deportiva.
Os principais obxectivos deste programa son:

  • Disfrutar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.
  • Participar con independencia do nivel de habilidade alcanzado, aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os participantes.
  • Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.
  • Desenvolver as habilidades motrices básicas e aquelas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas (especialmente nos últimos cursos de Ed. Primaria).
  • Desenvolver as capacidades motrices, con especial incidencia nos elementos fundamentais das perceptivo e as socio-motrices xenéricos (Ed. Infantil), así como os específicos directamente vinculados ás prácticas deportivas (Ed. Primaria).
  • Resolver situacións vinculadas a unha práctica deportiva, mediante a selección e o dominio de habilidades motrices.

Proporcionar aos escolares, a través do deporte, experiencias gratificantes e con sentido, que lles orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.
Por todo isto, as propostas están adaptadas ao nivel madurativo dos participantes:
– En Educación Infantil: Propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo. Diferénciase as propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento (Xogos Rítmicos) das que non teñen a música como elemento esencial (Xogos Motores). Outras propostas como xogos tradicionais, xogos de taboleiro ou de capoeira, así como o prepatinaxe completan a oferta para esta etapa educativa.
– En Educadión Primaria: Os primeiros cursos de Primaria óptase polo Predeporte (evolución natural don xogos motores) e outras propostas como o RITMO (evolución dos Xogos Ritmicos), que se sitúan a cabalo do Xogo e o Deporte. Nos últimos cursos de esta Etapa Educativa se plantexa una práctica máis estructurada a nivel de actividades rítmicas (Baile Moderno, Ximnasia Rítmica) así como propostas deportivas específicas (Baloncesto, Fútbol Sala, Tenis, etc.). Os xogos de taboleiro terán a súa concreción no xadrez, os xogos de capoeira e a prepatinaxe teñen a súa continuidade ao longo desta etapa educativa con contidos máis específicos e complexos que derivarán, por exemplo, en capoeira, patinaxe artístico ou hockey a patins.
A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sentan a gusto na actividade.
PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
DESTINATARIOS
Preferentemente o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria. Tamén poderá ter cabida o alumnado de E.S.O., Bacharelato e F.P. de Grao Medio e Superior.
RATIO
Mínimo 10 escolares para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo. Os grupos formaranse por tramos de idade de 2 ou 3 cursos consecutivos.
TEMPORALIZACIÓN
2 sesións semanais de 1 hora, distribuídos en días alternos, sempre dentro da franxa horaria de 16:00 a 18:00 h.
HORARIO
A determinar pola ANPA de cada centro educativo.
COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 22/23 nos seguintes períodos:
• Período outubro-decembro: 15€ por participante e escola deportiva.
• Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e escola deportiva.
• Período abril-maio: 10€ por participante e escola deportiva.
PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
Do 12 ao 18 de setembro de 2022.
A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante.

QUE ACTIVIDADES ELEXIR?: As que seleccione a ANPA do teu centro de entre todas as que figuran no seguinte cadro.
Poderán solicitarse outras modalidades deportivas, sempre que o centro educativo dispoña da infraestructura necesaria para a súa realización. Ditas propostas serán valoradas pola Federación Provincial de ANPAs, quen determinará se se levan a cabo ou non.