“Me lo contaron y lo olvidé; lo vi y lo entendí; lo hice y lo aprendí.”

A actividade de lecer de “Arte e Cultura no Centro” é unha proposta de ocio educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretenemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais.

Organízase a través de dúas propostas diferenciadas: “OBRADOIROS” e/ou “PROXECTOS”.

OBRADOIROS


Son actividades multidisciplinares que abranguen diferentes áreas de contidos artísticos e culturais baixo unha estrutura de talleres. Trátase de espertar o interese e desenvolver diferentes habilidades segundo o contido de cada un deles, empregando o xogo como ferramenta educativa e de socialización.
CONTIDOS
Actividades culturais e artísticas coma o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura, etc.
PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 1 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021.
DESTINATARIOS
Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tres tramos de idade.
• 4º, 5º e 6º curso de Educación Infantil.
• 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria.
• 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
RATIO
Mínimo 10 escolares para formar grupo. A partir de 19, desdoblarase o grupo.
TEMPORALIZACIÓN
2 sesións semanais de 1 hora.
HORARIO
A determinar pola ANPA de cada centro educativo.

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos:
• Período octubre-decembro: 15€ por participante e Obradoiro.
• Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e Obradoiro.
• Período abril-maio: 10€ por participante e Obradoiro.
As cotas dos obradoiros de “Mans que falan” e “Acenos” serán as seguintes:
• Período octubre-decembro: 7,5€ por participante e Obradoiro.
• Período xaneiro-marzo: 7,5€ por participante e Obradoiro.
• Período abril-maio: 5€ por participante e Obradoiro.
INSCRICIÓN E PRAZO
Do 1 ao 20 de setembro de 2020.
A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante.

PROXECTOS


É unha actividade na que partindo dun centro de interese ou tema motivador e baixo a metodoloxía de “traballo por proxectos”, desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que os verdadeiros protagonistas serán os nenos e nenas xerando a súa propia aprendizaxe (aprendizaxe significativo) a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo.
CONTIDOS
Actividades multidisciplinares segundo á temática. Un centro de interese por trimestre.
METODOLOXÍA
Traballo por proxectos.
PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 1 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021.
DESTINATARIOS
Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A oferta de actividades
plantéxase en función dos seguintes tres tramos de idade.
• 4º, 5º e 6º curso de Educación Infantil.
• 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria.
• 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
RATIO
Mínimo 10 escolares para formar grupo. A partir de 19, desdoblarase o grupo.
TEMPORALIZACIÓN
Unha sesión de 2 horas á semana.
HORARIO
Venres de 16:00 a 18:00 h. en horario continuado ou ininterrumpido.
COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos:
• Período octubre-decembro: 18 E por participante e Proxecto.
• Período xaneiro-marzo: 18 E por participante e Proxecto.
• Período abril-maio: 12 E por participante e Proxecto.
As cotas inclúe saídas culturais a espazos ou entidades da cidade ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.
INSCRICIÓN E PRAZO
Do 1 ao 20 de setembro de 2020.
A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante.