Como ven sendo habitual, a Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, organiza os Campacoles de verán, para dar resposta á conciliación das familias nesta época vacacional, cumprindo a normativa de prevención vixente referente á COVID-19.
A temática deste ano son os Xogos olímpicos, onde os Deportes serán o eixe principal do campamento. Preténdese que os nenos/as disfruten ao máximo, e coñezan novos deportes, onde cada día convertirase nunha nova aventura a disfrutar cos resto dos compañeiros/as.
Información:
- Destinatarios: Escolares que no curso 2020/21, estivesen matriculados no 2º ciclo de Ed. Infantil ou Ed. Primaria, nun CEIP público da Coruña.
- Datas: do 28 de xuño ao 30 de xullo en 5 quendas de 5 días
- Horario: de luns a venres en horario de mañá
- Prezo: entre 15 e 53 euros. Os beneficiarios da bolsa comedor no curso 2020-21 estarán exentos da cota xeral (15,00€).
- Prazas: 2.250
Preinscrición: Do luns 24 de maio ás 9:00h ata mércores 26 de maio ás 23:59h
Listaxes de admitidos e de agarda:
Listaxes CEIP Emilia Pardo Bazán
Listaxes CEIP Juan Fernández Latorre
Listaxes CEIP San Francisco Javier
Listaxes CEIP San Pedro de Visma
Listaxes CEIP Sanjurjo de Carricarte
Listaxes CEIP Wenceslao Fernández Flórez
Protocolos:
Centros: