Tal e como recollen os nosos Estatutos, a Federación Provincial poderá realizar actividades dirixidas á infancia e xuventude mediante, por exemplo, a sinatura de convenios con Concellos ou outras entidades ou administracións.

Ao longo destes anos a Federación subscribiu diferentes convenios con varios Concellos da Provincia con distintos fins: Convenio co Concello de Narón para xestionar os comedores escolares, Convenio co Concello de Abegondo, para a realización de campamentos de verán…

Sen dúbida, o de maior envergadura é o subscrito co Concello da Coruña, para a realización de actividades extraescolares, renovado anualmente dende hai xa máis de 20 anos, e que na actualidade segue en vigor.

Dende a Federación seguimos traballando para que iniciativas como estas, que sempre redundan nunha oferta de servizos de calidade para a infancia e xuventude, se materialicen ao longo da Provincia.

Convenios en vigor:

Convenio co Concello da Coruña