Presentación do plan de usos para as Naves do Metrosidero

O xoves 14 de febreiro, no Pazo de María Pita, presentouse o plan de usos para as Naves do Metrosidero.

O plan de usos das Naves do Metrosidero contempla a posibilidade de que os centros educativos da cidade poidan utilizar algún dos dous recintos rehabilitados en horario de mañá mentres que, polas tardes, estarán reservados ao uso programado e libre de mozos.

Ao acto asistiron a presidenta da Federacion, Lola Blanco, e a vogal, Ana Pereira.

Básquet Coruña. A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, protagonista de ’17 partidos, 17 causas’ da Obra Social de ‘La Caixa’

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña foi a entidade protagonista e homenaxeada o martes 22 de xaneiro, no partido do Básquet Coruña contra o Real Betis Enerxía Plus no programa solidario ’17 partidos, 17 causas’ da Obra Social de ‘La Caixa’. Un recoñecemento no contexto da celebración do ‘Día Mundial da Educación’ o próximo 24 de xaneiro.

Asistiron á homenaxe a presidenta, Lola Blanco, o tesoureiro, Jose Manuel Calvo, e a vogal, Ana Pereira.

Concello da Coruña. Campacole Nadal 2018


“AS MANS DO NADAL”

As mans do Nadal serán as protagonistas deste campacole porque elas coa súa
solidariedade son capaces de salvar o Nadal de moitas persoas que así o precisan, enchendo de maxia, soños e ilusión estas datas tan especiais para todos.
Unámonos a elas para descubrir todo o que son capaces de facer para manter viva a esencia do Nadal.

SEDES
Nos seguintes CEIPs: Anxo da Garda, Curros Enríquez, Emilia Pardo Bazán, Juan Fernández Latorre, Manuel Murguía e San Pedro de Visma.

PERSOAS DESTINATARIAS
Alumnado de Ed. Infantil e Primaria dos CEIPs públicos do concello de A Coruña.

DATAS
– QUENDA 1: 26, 27, 28 de decembro do 2018.
– QUENDA 2: 2, 3, 4 de xaneiro de 2019.
– DÍA OPCIONAL: 7 de xaneiro de 2019.

HORARIO
– Campamento: De 10:00 a 14:00 h.
– Madrugadores: A partires das 8:30 h.
– Comedor. Dende as 14:00 h. ata as 15:30 h. (podendo sair dende as 15:00h).

COTAS
QUENDA 1: Madrugadores: 3 €. Almorzo: 3€ . Campamento: 10 €. Comedor: 12 €.
QUENDA 2: Madrugadores: 3 €. Almorzo: 3€ . Campamento: 10 €. Comedor: 12 €
DÍA 7 DE XANEIRO: Madrugadores: 1 €. Almorzo: 1€ . Campamento: 4 €. Comedor: 4 €

INSCRICIÓN(POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN)
-DÍAS: 3, 4 e 5 de decembro só o alumnado matriculado no centro sede, ademáis do alumnado dos CEIPs Prácticas e Sanjurjo de Carricarte que, solicitando ser sede se decidiu fusionar co centro máis próximo para unha mellor optimización dos recursos.
Os días 10 e 11 de decembro, o alumnado matriculado nun CEIP público do concello.
-HORARIO: de 9:00 a 9:30h. e de 16:00 a 16:30 h.
O CEIP Curros Enriquez terá o seguinte horario de mañá: de 9:15 a 9:45 (o de tarde manterase igual).
-LUGAR: no local do ANPA.

PRAZAS
Campamento: Mínimo de 15. O máximo será de 45, a excepción de Curros Enríquez e San Pedro de Visma que serán 60.
Madrugadores e comedor: Mínimo de 10.
No caso de non chegares ao mínimo esixido, devolveríase a cota aboada.

DIPTICO NADAL 18

Curso de formación para Directivos de ANPAs

Este sábado, 24 de novembro, tivo lugar unha nova edición do curso de formación para Directiv@s de ANPAs. Celebrouse no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi unha xornada de maña e tarde, con xantar incluido.

A pesar de que a climatoloxía do día non acompañaba, viñeron moitas nais e pais, membros de distintas xuntas directivas de ANPAs ,de case todas a zonas da provincia: Cariño, Betanzos, Cambre, Oleiros, Culleredo, Abegondo, Bergondo, Ribeira, Noia, Oza-Cesuras, Arteixo, Pontedeume, Ferrol, Narón, Sada, Boiro, Neda e A Coruña.

Hai que agradecerlles a todos e todas a súa presencia e participación no curso, que esperamos fora productivo e lles axude nas tareas de dirección da súa ANPA.

Grazas a tod@s!

Cariño. Demanda de reforzos docentes para atender aos nenos con necesidades especiais

Case a totalidade dos pais de alumnos do colexio de Cariño secundaron a folga promovida pola Anpa para onte e hoxe, en demanda de reforzos docentes para atender aos nenos con necesidades especiais. Só acudiron ás aulas tres alumnos.

A Anpa A Basteira promove unha manifestación, que conta co respaldo do Concello, para o día 18 de novembro.

A Anpa leva dous meses queixándose ante a Consellería de Educación pola redución das horas do docente de audición e linguaxe, que antes acudía cinco días á semana ao CEIP Manuel Fraga Iribarne e agora faio só tres, pese ao aumento dos escolares con necesidades especiais.

Fonte: La Voz de Galicia

Programas Educativos Curso 2018/19

A oferta de programas de ocio da Federación Provincial de ANPAs para o curso 2018/19, enmárcase dentro dun convenio de colaboración co Concello da Coruña.

Estes programas pretenden ocupar o tempo libre dos escolares, con propostas onde o xogo e a diversión serán o aceno de identidade, proporcionando ao mesmo tempo un lecer activo e de calidade.

Os nenos/as terán un amplo abano de experiencias, que lles permitirán completar o seu desenvolvemento integral como persoa, dentro dun colectivo e nun ambiente distendido, socializador e integrador.

Estes programas desenvolvense nos propios centros públicos da cidade, favorecendo así a conciliación da vida laboral, social e familiar.

Tripticos_programas_18_19

Encontros de Patinaxe 2018

4, 5, 6 e 7 de xuño – Pazo dos Deportes de Riazor

Un ano máis, os nenos e nenas participantes nas escolas deportivas de patinaxe do programa Deporte no Centro, amosarán nestas catro sesións algunhas das aprendizaxes adquiridas neste curso, enmarcándose a súa participación nun ambiente lúdico, onde a participación e a diversión serán de novo os principais obxectivos desta iniciativa

O horario aproximado será de 16:30 a 18:00 h.

A apertura para os espectadores será a partir das 16:15 h.

Calendario de participación dos centros:

Ver en pdf

Cóxegas

O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias para poder conciliar a vida familiar e laboral ata o último día do curso escolar.
Este programa ofrece aos escolares a oportunidade de realizar xogos e deportes, así coma actividades lúdicas de animación teatral, plástica … baixo un enfoque integrador onde os nenos e nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual

Realizarase en todos os CEIPs públicos que así o soliciten e aproben en Consello Escolar

Período: do 1 ao 21 de xuño
Días e horario: de luns a venres, de 16 a 18 h.

Para inscribirse, pregunta na ANPA do teu colexio

DIPTICO COXEGAS XUÑO 2018