Básquet Coruña. A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, protagonista de ’17 partidos, 17 causas’ da Obra Social de ‘La Caixa’

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña foi a entidade protagonista e homenaxeada o martes 22 de xaneiro, no partido do Básquet Coruña contra o Real Betis Enerxía Plus no programa solidario ’17 partidos, 17 causas’ da Obra Social de ‘La Caixa’. Un recoñecemento no contexto da celebración do ‘Día Mundial da Educación’ o próximo 24 de xaneiro.

Asistiron á homenaxe a presidenta, Lola Blanco, o tesoureiro, Jose Manuel Calvo, e a vogal, Ana Pereira.

Cariño. Demanda de reforzos docentes para atender aos nenos con necesidades especiais

Case a totalidade dos pais de alumnos do colexio de Cariño secundaron a folga promovida pola Anpa para onte e hoxe, en demanda de reforzos docentes para atender aos nenos con necesidades especiais. Só acudiron ás aulas tres alumnos.

A Anpa A Basteira promove unha manifestación, que conta co respaldo do Concello, para o día 18 de novembro.

A Anpa leva dous meses queixándose ante a Consellería de Educación pola redución das horas do docente de audición e linguaxe, que antes acudía cinco días á semana ao CEIP Manuel Fraga Iribarne e agora faio só tres, pese ao aumento dos escolares con necesidades especiais.

Fonte: La Voz de Galicia

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019

DOG do 21/05/2018: Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19. Ver DOG

Resumo:

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído)

  1. Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2017/18
  2.  Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE)
  3. Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE

Presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2017/18 

II Festa das ANPAs da Escola Pública. Grazas

O pasado sábado 12 de maio, xuntámonos unhas 700 persoas, de máis de vinte ANPAs de centros públicos de toda a Provincia, para celebrar a II Festa das Anpas da Escola Pública.

O Albergue Xuvenil de Gandarío volveu ser un lugar de encontro, de poñernos caras, de intercambiar opinións e iniciativas, e como non, de gozar dun día en familia, facendo deporte, xogos, baile e esa festa da escuma final que moitos estiveron a esperar todo o día.

Agradecemos a todos os colaboradores, a súa disposición para botarnos unha man facendo posible este encontro, aos voluntarios da Federación de Anpas, aos monitores das actividades, á dirección do Albergue, a Protección Civil, á Garda Civil, e como non, a todos os que vos achegastes a pasar connosco ese día. Repetiremos!!

Deixámosvos a ligazón ás fotos dese día

<<galería

 

12 de maio: II Festa das ANPAs da Escola Pública

A Federación organizará o vindeiro sábado 12 de maio a II Festa das ANPAs da Escola Pública

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña organiza, como peche de curso, o segundo encontro de carácter lúdico para todas as nosas anpas asociadas, ANPAs dos centros públicos da Provincia da Coruña.

Outro ano máis, queremos desfrutar dun día en familia con todos vos: nais, pais, fillas, fillos, avós… un momento no que compartir experiencias dos vosos centros, “poñernos cara”,  divertirse xunto cos vosos fillos, xantar todos xuntos esas especialidades culinarias que cada quen levará e que tan ben se nos da preparar -todas light- ¡seguro!

Lembrade sábado 12 de maio, no Albergue de Gandarío (Bergondo) de 10:00 a 18:00

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

TEMPORALIZACIÓN:

10:00 – 10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.

11:00 – 14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA

TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)

14:00 – 15:30: XANTAR

HORARIO DE TARDE:

FOLIADA

CAPOEIRA EN FAMILIA

TROTAMÚSICOS

XOGOS MUSICAIS – ZUMBA

17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA

18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA

Concentración 8 de maio por unha Lei de Educación de Consenso

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia (CONFAPA Galicia, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Escola Viva, Sindicato de Estudiantes, IESGA) esixe unha Lei Educativa e de consenso

Desde a Plataforma de Ensino Público de Galicia chamamos á mobilización o 8 de maio como medida de loita fronte ao inmobilismo do PP que segue desatendendo a Educación e considerando que non é unha prioridade para o seu Goberno.

Esiximos:

  • Maior financiación da Educación
  • A derrogación da LOMCE e unha nova Lei educativa consensuada coa Comunidade educativa
  • Reversión dos recortes no ensino e un aumento das becas e axudas ao alumnado.

Esiximos unha lei de consenso.

Agora e sempre. Ensino Público!!!!

Comunicado da plataforma [PDF]

Deberes escolares. A Educación a Debate

O vindeiro luns 4 de decembro en horario de 19:00 a 21:00, no salón de Actos do Edificio da UNED (rúa educación, 3  A Coruña) terá lugar a primeira sesión da actividade ” A educación a debate”. Abordaraase o tema dos deberes escolares nunha actividade conxunta para familias e profesorado.

Relatora: Susana Rodríguez Martínez
Profesora Titular de universidad (TIT-UN)
Universidade da Coruña
Departamento Psicoloxía
Área Psicoloxía evolutiva e da educación

Coordinadora de Mesa: Dra. Isabel Piñeiro Aguín
Profesora contratada doctor (PC-DR)
Universidade da Coruña
Departamento Psicoloxía
Área Psicoloxía evolutiva e da educación

Participantes en el Debate:

Emilio Joaquín Veiga Río
Experiencia:
• Director do centro de educación Primaria (CEIP San Francisco Javier (A Coruña))
• Presidente da Asociación de Directores de CC.PP da Coruña.
• Presidente de FEAE-Galicia e vicepresidente do FEAE Nacional
• Profesor Asociado da USC
Formación Académica:
• Diplomado en Maxisterio. Humanidades
• Licenciado en Psicopedagoxía. (UDC)
• Doutorado en Innovación Curricular. (USC)

Dolores Blanco Sanguiñedo
Formación Académica:
• Licenciada en Dereito
• Postgrado en Mediación
Actuacións relacionadas coa actividade na que vai participar:
• Presidenta da Federación Provincial de ANPAS de A Coruña
• Secretaria de CONFAPA-Galicia
• Membro do Consello Escolar de Galicia e da súa Comisión Permanente

Curso para Directivas de ANPAs 2017

Como ven sendo habitual a Federación organizou -o sábado 25 de novembro- unha acción formativa para as Xuntas Directivas das ANPAs, nas que todos os anos hai novas incorporacións, renovacións completas, ou mesmo nais e pais “reicidentes”!!! a todas elas vai dirixida este curso que se desenvolve en xornada de mañá e tarde, con parada para xantar… que non todo vai ser estudar.

Este ano a sede foi o Pazo de Mariñán, cedido pola Deputación da coruña, que ademáis convidou á comida, colaborando coma sempre coas entidades sen ánimo de lucro, como a nosa, que traballamos no ámbito Provincial.

Queremos agradecer dende aquí a asistencia de todas as ANPAs de Monfero, Abegondo, Santiago, Rianxo, Serra de Outes, Boiro, Noia, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Sada, Ordes, Cambre, Cabanas, Miño, Ribeira, Narón, As Pontes, Bergondo e A Coruña que, a pesar do madrugón, o desplazamento, e a “densidade” nalgúns casos dos contidos da xornada… participáchedes activamente e seguides esforzándovos nos vosos centros escolares por facelo cada vez mellor.

Pola mañá Nuria Martínez Pigueiras (Secretaría Técnica da Federación), repasou os aspectos fundamentais na organización das ANPAs: obrigas documentais, fins, dereitos, instrumentos de participación… Un representante da asesoría fiscal e contable falounos sobre estes temas tan  amenos e que sempre suscitan tantas dúbidas… Dúbidas que pola tarde tentamos solventar.

Graciñas a todos… e nos vemos na próxima!