Concello da Coruña: Verán 2021

Como ven sendo habitual, a Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, organiza actividades de verán, tanto para dar resposta á conciliación das familias, como para facer que os/as nenos/as disfruten de actividades de lecer divertidas, sempre cumprindo a normativa de prevención vixente referente á COVID-19.

Esté verán serán dúas as actividades que levaremos a cabo:

  • Campacoles
    • A temática deste ano son os Xogos olímpicos, onde os Deportes serán o eixe principal do campamento. Preténdese que os nenos/as disfruten ao máximo, e coñezan novos deportes, onde cada día convertirase nunha nova aventura a disfrutar cos resto dos compañeiros/as. Para alumnado de EI e EP, matriculado nalgún centro público da Coruña, no actual curso 2020-21.
  • Summer Talk
    • As actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar, tanto en recintos a cubertos coma ao aire libre, co fin de potenciar o desenvolvemento da capacidade de escoita comprensiva e a expresión oral en lingua inglesa. Para alumnado de 6º EP e ESO, no actual curso 2020-2021.

Concello da Coruña. Actividades extraescolares

Un curso mais e cunhas circunstancias moi especiais descoñecidas en calquera outro pasado, contactamos con vós para trasladarvos información das actividades que desde esta Federación, en convenio co Concello de A Coruña, pretendemos poñer en marcha para este curso 2020-2021.

Dadas as actuáis circunstancias da pandemia, e por suposto partindo da total autonomía para decidir as concretas actividades a ofertar, indicámosvos unhas pautas orientativas ou recomendacions a ter en conta:

– Cantas menos actividades se superpoñan na mesma franxa horaria mais doado resultará facer grupo coa menor agrupación posible de grupos de convivencia estable (CGE). En función da demanda, pode ser incluso recomendable a elección dunha única actividade para cada franxa horaria, garantindo así na maior medida posible a estanqueidade dos GCE e a formación de grupos sen merma do obxectivo conciliatorio que prima no contexto que vivimos.

– A actividade concreta elexida, que en todo caso será de dúas horas semanais en días distintos (agás os proxectos dos venres), deberá preferiblemente ubicarse temporalmente no mesmo tramo horario, de 16:00 a 17:00 ou de 17:00 a 18:00. Favorécese así a asistencia nos dous días elexidos, propiciando ademais unha maior calidade da actividade derivada dun seguimento continuado polos usuarios, así como unha combinación mais doada para as familias en función de que precisen conciliar unha ou dúas horas na tarde.

– Elaborar un planing que conteña unha única actividade por tramo de idade (Infantil, 1º a 3º de E.P. y 4º a 6º de E. P.) en cada hora, sen opcións de elección, é recomendable combinar actividades deportivas, de arte e cultura e de idioma, facendo así mais atractiva a proposta lúdico-educativa.

– Aínda que dende a Federación, e coa estricta observación de cantas medidas protocolarias se nos indiquen, tentaremos poñer en marcha todas as concretas actividades ofertadas, compre teñades en conta á hora da escoller, que sempre serán mais doadas de levar a cabo sen incidencias aquelas que non requiran contacto estreito entre os usuarios.

– A maior especificidade da actividade pode requerir da imparticion da mesma por persoal específico. As mais xeneralistas, pola contra, permiten que un mesmo educador imparta varias, evitando asi a necesidade dun maior número de educadores distintos no mesmo centro.

Ademáis para poder elaborar o noso protocolo COVID, precisamos coñecer canto antes:

1. As actividades extraescolares por nivel educativo que queredes ofertar no voso centro. 

2. Coñecer o protocolo COVID que implementará o voso colexio.

Todas as inscricións faranse online na web:  http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Para calquera dúbida, podedes contactar con nós no email: ocio@fedapascoruna.org

Un cordial saúdo

Federación Provincial ANPAs.

Teléfonos 981 20 20 02 – 981 20 18 77 

Programas Federación 2020-2021

Concello da Coruña. Verán 2020: “Con Cilia no cole”

Programa de conciliación do verán 2020

A Federación Provincial de Anpas, conxuntamente co Concello da Coruña, e co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familas, pretende levar a cabo unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A oferta será exclusivamente para as familias que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é image-11.png