Concello da Coruña. Lecer Educativo 2022-2023

A proposta de lecer educativo da Federación Provincial de ANPAs para o curso 2022/23, enmárcase nun convenio de colaboración co Concello da Coruña.

Todas as actividades propostas desenvólvense nos centros públicos da cidade, favorecendo así a conciliación da vida laboral, social e familiar.
Estos programas pretenden ocupar o tempo de lecer da rapazada, con propostas onde o xogo e a diversión serán o aceno de identidade, proporcionando ao mesmo tempo un ocio activo e de calidade.
Os nenos e as nenas terán un amplo abano de experiencias, que lles permitirán completar o seu desenvolvemento integral como persoa, dentro dun colectivo e nun ambiente distendido, socializador e integrador dende tres ámbitos: DEPORTIVO, ARTÍSTICO – CULTURAL, e IDIOMAS

A proposta integral de ocio e educación abrangue tres liñas diferenciadas e combinables entre sí a través da seguinte oferta de lecer educativo:
· DEPORTE NO CENTRO.
· ARTE E CULTURA NO CENTRO: “Obradoiros” e “Proxectos”.
· IDIOMAS: “English Lab” e “On Parle”.

PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante.

Máis información

Concello da Coruña. Actividades extraescolares

Un curso mais e cunhas circunstancias moi especiais descoñecidas en calquera outro pasado, contactamos con vós para trasladarvos información das actividades que desde esta Federación, en convenio co Concello de A Coruña, pretendemos poñer en marcha para este curso 2020-2021.

Dadas as actuáis circunstancias da pandemia, e por suposto partindo da total autonomía para decidir as concretas actividades a ofertar, indicámosvos unhas pautas orientativas ou recomendacions a ter en conta:

– Cantas menos actividades se superpoñan na mesma franxa horaria mais doado resultará facer grupo coa menor agrupación posible de grupos de convivencia estable (CGE). En función da demanda, pode ser incluso recomendable a elección dunha única actividade para cada franxa horaria, garantindo así na maior medida posible a estanqueidade dos GCE e a formación de grupos sen merma do obxectivo conciliatorio que prima no contexto que vivimos.

– A actividade concreta elexida, que en todo caso será de dúas horas semanais en días distintos (agás os proxectos dos venres), deberá preferiblemente ubicarse temporalmente no mesmo tramo horario, de 16:00 a 17:00 ou de 17:00 a 18:00. Favorécese así a asistencia nos dous días elexidos, propiciando ademais unha maior calidade da actividade derivada dun seguimento continuado polos usuarios, así como unha combinación mais doada para as familias en función de que precisen conciliar unha ou dúas horas na tarde.

– Elaborar un planing que conteña unha única actividade por tramo de idade (Infantil, 1º a 3º de E.P. y 4º a 6º de E. P.) en cada hora, sen opcións de elección, é recomendable combinar actividades deportivas, de arte e cultura e de idioma, facendo así mais atractiva a proposta lúdico-educativa.

– Aínda que dende a Federación, e coa estricta observación de cantas medidas protocolarias se nos indiquen, tentaremos poñer en marcha todas as concretas actividades ofertadas, compre teñades en conta á hora da escoller, que sempre serán mais doadas de levar a cabo sen incidencias aquelas que non requiran contacto estreito entre os usuarios.

– A maior especificidade da actividade pode requerir da imparticion da mesma por persoal específico. As mais xeneralistas, pola contra, permiten que un mesmo educador imparta varias, evitando asi a necesidade dun maior número de educadores distintos no mesmo centro.

Ademáis para poder elaborar o noso protocolo COVID, precisamos coñecer canto antes:

1. As actividades extraescolares por nivel educativo que queredes ofertar no voso centro. 

2. Coñecer o protocolo COVID que implementará o voso colexio.

Todas as inscricións faranse online na web:  http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Para calquera dúbida, podedes contactar con nós no email: ocio@fedapascoruna.org

Un cordial saúdo

Federación Provincial ANPAs.

Teléfonos 981 20 20 02 – 981 20 18 77 

Programas Federación 2020-2021