Este ano recuperamos a organización presencial do Curso de Formación para directivos das Anpas que, por mor das restricións da pandemia, fixemos de forma online nos dous derradeiros anos.
Desta maneira volverémonos a ver para poder intercambiar experiencias, resolver dúbidas e aprender.
As Anpas deben estar formadas e informadas sobre aspectos administrativos, contables e fiscáis de obrigado cumprimento para as entidades xurídicas.
Esta xornada terá lugar o día 11 de marzo no Pazo de Mariñán de Bergondo, cedido pola Deputación da Coruña co xantar incluido, e axustaráse ao seguinte programa:
PROGRAMA:
9:45.
Recepción dos asistentes.
Presentación: María José Ferreño Precedo, Presidenta da Federación e Dona Sandra González Castro. Delegada Especial en Materia de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña.
10:00
Presentación do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas.
Dona María Rivas López. Subdelegada do Goberno.
D. Sergio García Vázquez. Formador da Garda Civil da Coruña.
D. Alberto Arias Álvarez. Inspector Policía Nacional da Coruña.
10:45
Curso de Formación. Bloque 1
- Que é unha ANPA
- Finalidades e dereitos das Anpas.
- Documentos da Asociación.
- Órganos de goberno (Asemblea, Xunta Directiva)
- Libros ou Rexistros Obrigados.
- Protección de datos
Relatora: Nuria Martínez Pigueiras. Secretaría técnica da Federación Provincial de Anpas.
12:00 Pausa café
12:20.
Obrigas contables
Contabilidade que permita obter a imaxe fiel do patrimonio
Obrigas fiscais:
- Actividades económicas.
- Imposto de sociedades.
- IVE
- IAE
- Declaración anual de operacións a terceiros.
Relator: Javier Leis. Representante de Algalia (Asesoría contable)
14:30 Xantar
16:00: Continuación do bloque 1
- Actividades extraescolares.
- Definición da Federación e as súas función.
18:00 Clausura a Xornada Dona Alejandra Pérez Maquez. Alcaldesa do Concello de Bergondo.
COLABORA: