Dende a Federación queremos deixar claro o noso rexeitamento ante os peches de centros e aulas, así como a supresión do profesorado, que se prevé que se levará a cabo nunha treintena de centros de educación infantil e primaria para o vindeiro curso 2021-2022.

Deixamos aquí o enlace ao escrito sobre o tema que CONFAPA Galicia, da que formamos parte, ven de enviar á Consellería onde se esixe:

  • Que non se peche ningún centro educativo público galego mais.
  • Que se manteñan nos Centros todo o profesorado necesario para garantir e consolidar cando menos os desdobres autorizados en todos os niveis educativos no curso 20/21.
  • Que se reforcen os cadros de persoal do ensino público co obxectivo de reducir as ratios máximas por aula.
  • Que a inversión económica en educación sexa unha prioridade, non é de recibo facer e desfacer cando falamos da formación do alumnado.

Xunta Directiva da Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña

Non hai próximos/as %s por agora.

Deixa unha resposta

O seu email non será publicado. Os campos con (*) son obrigatorios!