PRAZAS LIBRES!! 
1º a 3º ESO: Quenda 2 e Quenda 3
Para inscribirse, contactar co teléfono 698158503

Listaxe de admitidos

Summer Talk

Programa de actividades de dinamización para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa.

Ditas actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar para o desenvolvemento da capacidade de escoita comprensiva e a expresión oral en lingua inglesa. Os contidos definiranse
atendendo tanto aos que corresponden ao nivel educativo do alumnado, como aos demandados na parte oral dos principais exames de nivel B1 (1º, 2º e 3º ESO) e B2 (4º ESO). Farase uso de ferramentas diferenciadas próximas aos seus intereses: música, cinema, literatura, audiovisuais… e adaptadas ao seu contexto diario.

Máis Información:

Formulario de pre-inscrición: do 15 ao 17 de xuño de 2020

Listaxe de admitidos e instruccións para formalizar a inscrición

INFORMACIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DO COVID-19
A Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña seguirá en todo momento as directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade e Benestar Social, e OUTRAS autoridades competentes en materia sanitaria, con relación á celebración de actividades de lecer educativo nas diferentes fases de desescalada e de volta á normalidade, en función dá evolución xeral e territorial do CoVID-19.
A realización da actividade queda supeditada á evolución da crise sanitaria provocada polo Covid-19. No caso de emitir as autoridades sanitarias competentes información contraria á súa realización, esta quedaría suspendida.

Non hai próximos/as %s por agora.

Deixa unha resposta

O seu email non será publicado. Os campos con (*) son obrigatorios!