O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído

Beneficiarios:

  • Alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos. 
  • Participación no fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO). 
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE). 
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2020/21 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Fondolibros

Non hai próximos/as %s por agora.

Deixa unha resposta

O seu email non será publicado. Os campos con (*) son obrigatorios!