O pasado xoves 26 de xaneiro reunímonos, na EIM A Caracola da Coruña, máis de 30 persoas, representando a 10 entidades diferentes para tratar un tema que nos preocupa a todos: a alimentación responsable na escola.

Vista xeral

Mestres, cociñeiros, labregos, productores, asociacións veciñais, representantes de ANPAs, da Federación, CONFAPA Galicia,  etc… xuntámonos para poñer a rodar por fin a Plataforma por unha Alimentación Responsable na Escola en Galicia. Sentamos unha base común, uns obxectivos para poñernos a traballar e ¡mans á obra!

Para empezar, revisaremos unha vez máis o actual Decreto de Comedores da Xunta de Galicia,  e poñerémonos a traballar na próxima reunión coa Concelleira de Xustiza Social e Coidados da Coruña, Silvia Cameán, tras a súa reunión co Conselleiro de Educación.

Falaremos sobre o colexio proxectado para Novo Mesoiro e a nosa convicción de que todo centro debería contar con cociña propia, máis aínda tratándose dunha nova construcción como é o caso.

collage

Isto non fixo máis que empezar, quédanos moito traballo por diante pero a plataforma arranca con forza.

Non hai próximos/as %s por agora.

Deixa unha resposta

O seu email non será publicado. Os campos con (*) son obrigatorios!