Esta mañá reunímonos, na sede da Federación Provincial, representantes da Comisión de Comedores Escolares desta Federación, con Beatriz Ferreira Varela, directora da EIM A Caracola de Novo Mesoiro (A Coruña).

A Federación, comprometida de sempre por conseguir uns comedores de calidade na escola pública, subscribe o seu apoio, a través de CEAPA, á Plataforma por una Alimentación Responsable en la Escuela a que tamén se adheriu EIM A Caracola e, por suposto tamén o farán CONFAPA Galicia e esta Federación Provincial da Coruña. Convencidos de que os comedores son unha peza clave no ensino que reciben as nosas fillas e fillos,  queremos traballar de forma conxunta por cambiar o modelo, en xeral: a nivel estatal, e en particular: na nosa comunidade.

20161125_reunion-comedores-01

Daniel Cameselle, Beatriz Ferreira e Natalia García na reunión de hoxe

Non entendemos que, nunha terra rica en materias primas de calidade como é Galicia: pesca, gandeiría, agricultura… non haxa unha aposta clara da Administración por uns proveedores de proximidade, uns servizos de comedor con cociña nos propios centros e un control e supervisión da calidade do servizo que non se esqueza da función pedagóxica do comedor escolar.

A sintonía foi total e resulta un primeiro paso de cara ao traballo a nivel Galego da Plataforma por unha Alimentación Responsable. O reto é grande, os colectivos comprometidos: cada vez máis… agora só nos falta poñernos a rodar todos xuntos nun mesmo sentido, sen deixar escapar oportunidades como a da nova construción do novo colexio de Mesoiro, que xa no proxecto nace sen cociña, coartando xa de inicio calquera outro modelo de xestión que non sexa o imposto pola Administración.

Seguiremos traballando para conseguir uns comedores escolares de calidade!

manifesto_foto

Non hai próximos/as %s por agora.

Deixa unha resposta

O seu email non será publicado. Os campos con (*) son obrigatorios!