ANPAs chegadas dende os puntos máis dispares da nosa Provincia: Cariño, Noia, Oleiros, Santa Comba, A Coruña, Muros, Boqueixón, Ordes, Miño, Oza Cesuras… xuntámonos, o pasado sábado 19, no curso de formación para Xuntas Directivas das ANPAs, que esta Federación  ven organizando dende hai anos e que, dado o cambiante da composición das Xuntas Directivas das ANPAs e as dúbidas que xurden na súa xestión, segue a ser dos cursos máis demandados.

20161119_105520_redmi-note-3_006Pola mañá, trala entrega de documentación e presentación da presidenta, Lola Blanco Sanguiñedo, tomou a palabra Nuria Martínez Pigueiras (Secretaría Técnica da Federación), que repasou os aspectos fundamentais na organización das ANPAs: obrigas documentais, fins, dereitos, instrumentos de participación…

Tras unha pequena pausa para tomar aire retomamos, da man de Juan Miguel Casal Castro (Secretaría Técnica da Federación), coas obrigas contables e fiscais das ANPAs, tema que sempre suscita moitas dúbidas que tentamos deixar resoltas.

O xantar, ademáis de para coller forzas e poñernos coa Lei Orgánica de Protección de Datos, sempre é un momento distendido no que aproveitamos para poñer en común as iniciativas, ideas, proxectos… que levamos a cabo nas nosas ANPAs.

De postre, tocoulle a Martín de Castro Avellaner (xerente de Magnadian, consultoría) explicarnos as obrigas das ANPAs no referente aos datos de carácter persoal (LOPD 15/1999 do 13 de decembro) e abrimos unha rolda de intervencións e debate que se alongou ata as 19:00.

Grazas a todas as ANPAs participantes e sí: haberá máis, prometido!

Non hai próximos/as %s por agora.

Deixa unha resposta

O seu email non será publicado. Os campos con (*) son obrigatorios!