O pasado sábado 22 de outubro tivo lugar no Pazo de Mariñán un curso de formación sobre Consellos Escolares ao que acudiron ANPAs de toda a Provincia.
Neste curso fíxose incidencia na importancia que ten que as familias participen nestas eleccións, que se farán na última semana de novembro, informouse tamén de todo o procedemento e, o máis importante, deuse resposta as numerosas preguntas relacionadas co funcionamento dos Consellos Escolares.
Moitas grazas aos asistentes!